dereita|miniatura|Andrea Nunes Brións no II Congreso LGBTIQ+, 2023. Andrea Núñez Briones, coñecida tamén como Andrea Nunes Brións, nada en Marín o 13 de abril de 1984, é unha escritora galega.

Traxectoria Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2009. É unha activista política e feminista. A súa obra céntrase no ensaio e no xénero poético, está escrita na súa maior parte en lingua galega e é de carácter marcadamente feminista. Colabora de maneira activa en publicacións e proxectos relacionados co xénero, diversidade e lingua. Pertence ao grupo As Candongas do Quirombo e a Plataforma de Crítica Literaria A Sega.

Os seus versos foron publicados en numerosas revistas, xornais e libros colectivos. O seu primeiro poemario Corrente do esquecemento apareceu en 2007 editado por Aturuxo (Federación Galega de Asociacións Lésbicas, Gais, Bisexuais e Transexuais). En 2011 publicou Todas as mulleres que fun, foi finalista nos premios AELG, é un poemario ilustrado por Annet Borrás onde fai unha crítica contra o capitalismo, o patriarcado e a falta de consciencia ecolóxica. No 2018 escribe conxuntamente con María Rosendo Diáspora do amor balea, co que gañou o XII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas en 2017. O seu último poemario, Esta disidencia que habitamos, é unha antoloxía bilingüe en español e galego editada por Librefeminista (Madrid), libro no que coexiste cos textos da autora clásica Renée Vivien.

Foi profesora durante seis anos en diferentes partes da China: Universidade de Nanjing, Universidade Normal de Changchun e en Xi´an Jiaotong Liverpool University. En Italia traballou na Università de Ca´Foscari en Venecia e ao seu regreso a Galicia no Centro de Linguas da Universidade da Coruña. Na actualidade é profesora de ensino secundario en Santiago de Compostela e imparte diferentes obradoiros sobre escrita creativa e diversidade.

Obra Poesía Corrente do esquecemento (2007). Aturuxo. Todas as mulleres que fun (2011). Corsárias. Diáspora do amor balea (2018). con María Rosendo Priego. Caldeirón. Esta disidencia que habitamos. Antoloxía bilingüe esp/gal (2023). Librefeminista editora. Mapa da estría (2025). Santiago: Chan da Pólvora. ISBN 978-84-129324-4-7.

Obras colectivas Sem as mulheres nom há revoluçom. XXV Festival da Poesia no Condado. Salvaterra de Miño: S. C. D. Condado, 2011. Mulheres entre poesía e luita (AMC). Assembleia de Mulheres do Condado. 2011 A cidade na poesía galega do século XXI. Noia: Toxosoutos, 2012. Como cantan las piedras. Ed. Isla Negra, Puerto Rico, 2012 Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía gallega contemporánea. Ed. Endimión. 2012 Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto. Malpica de Bergantiños: A. C. Caldeirón, 2013. Cuestión social. Literatura, cine y prensa. Estudios de Comunicación Social. Andavira Editora. 2013 Prólogo del libro Do amor e outras mariconadas de Ricardo de Barreiro, Ed. Toxosoutos. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico. De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño. 2015, libro electrónico. 13. Antología de la poesía gallega próxima. (ed) María Xesús Nogueira. Edición bilingüe. Compostela/Madrid. Chan da pólvora & Papeles mínimos. 2017 Que nom te silenziem. XXXII Festival da poesia no Condado. Salvaterra de Miño: S. C. D. Condado, 2018. Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais. Proxecto Batefogo. Catro Ventos. 2019 Poetízate. Cood Fran Alonso. Xerais 2018. Prólogo do libro Entrecontar de Yolanda Aldrei, Através Editora, 2020 Nxs, as inadaptadxs. Representações, desejos e histórias lgbtiq na Galiza Através Editora. 15 voces da nova poesía galega. Edición día das letras galegas. Gadis, 2021. Poetas gallegos y portugueses. Ateneo de Pontevedra/ Deputación de Pontevedra, 2021 Alguén que Respira! Corpos, Disidencias e desexos. Xunta de Galicia- Concello de Santiago, 2022 Prólogo do libro Ex Céntricas de Anxela Lema e Sara Villar (Fetiche ed.) Somos pandeireteiras. (ed) Natalia Balseiro, libro electrónico. 2022 Antoloxía Biosbarda para Parche. Ruín Alteredicións e Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos, 2022 Prólogo de Feitas ao Sisel de Diana Kurich, Editorial Caldeirón, 2023

Ensaio Tecermos redes, crearmos comunidade (Xerais, 2020; coordinadora, con Ánxela Lema París) O cento voando. Amores, alianzas e non monogamias. (Xerais: 2023: coodinadora, con Anxela Lema París) Razóns de peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas. (Catro Ventos: 2026, coord. con Leticia Citoula).

En colaboración coas Candongas do Quirombo Agora ti. (vídeo-poema) A memoria da lingua. (documental) Todas as mulleres que fun. (vídeo-poema) E derivados. (poema da autora musicado)

Premios Premio do Público como mellor curtametraxe experimental no Festival de Baumann c2, Barcelona 2011. Premio curtametraxe gañadora Todas as mulleres que fun no Festival Galego Cinestable, Ordes, 2011 Premio CinEOI da Coruña co documental A memoria da lingua das Candongas do Quirombo. 2012 Premio Lingua de Ouro 2012 por Queremos Galego Marín. 2012 Gañadora con María Rosendo do premio de Poesía Erótica Illas Sisargas en 2017, por Diáspora do amor balea. Terceiro premio na 36ª edición do certame literario da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà de Llobregat no 2022. Premio Follas Novas á obra de divulgación por O cento voando. Amores, alianzas e non monogamias con Ánxela Lema París en 2024. 2026: Premio Follas Novas, modalidade Poesía por Mapa da estría. Premio aRi[t]mar 2026 por un mar que soña.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en As escollas electivas

Mostra de Todas as mulleres que fun Entrevista El País https://elpais.com/diario/2011/09/16/galicia/1316168304_850215.html Entrevista El Salto: Andrea Nunes Brións: “Se lle deramos máis importancia ás amigas que ás parellas, cambiaría todo” en https://www.elsaltodiario.com/cuerpo/andrea-nunes-brions-se-lle-deramos-mais-importancia-as-amigas-que-as-parellas-cambiaria-todo Video Andrea Nunes en Diverxentes https://www.youtube.com/watch?v=MWpuDHDjgmY

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1984 Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Escritores de literatura erótica