Haley Joel Osment (HJO), nado nos Ánxeles (California) o 10 de abril do 1988, é un actor estadounidense. Despois dunha serie de papeis de filmes e televisión durante os 90, incluíndo unha pequena interpretación en Forrest Gump onde facía do fillo do personaxe do título, Osment acadou sona internacional coa súa actuación como Cole Sear no suspense de 1999 do director M. Night Shyamalan, O sexto sentido. Entre outras honras, recibiu un nomeamento ós Premios Oscar como mellor actor secundario polo seu papel no filme. Posteriormente, Osment protagonizou varios papeis en filmes de alto perfil de Hollywood; incluíndo Pay It Forward e A.I. Recentemente, fixo o seu debut de Broadway nun rexurdimento de American Buffalo, cos seus compañeiros John Leguizamo, e Cedric the Entertainer.
Traxectoria miniatura|220px|dereita|Osment no 2001. Fillo de Theresa Osment (Seifert, apelido de solteira), profesora, e Michael Eugene Osment, actor de teatro e filmes, ámbolos dous nativos de Alabama. Ten unha irmá catro anos máis nova ca el, Emily Osment, quen alén de ser tamén actriz é cantante e compositora. Os pais de Osment describen a súa infancia como unha "boa educación sureña antiga", e o seu pai comentou que cando Osment estaba aprendendo a falar, evitaba adrede falar coma un bebé para se comunicar co seu fillo.
Criado como católico, estudou na Escola Preparatoria Flintridge en La Cañada Flintridge. De neno, tiña talento en moitos deportes coma o baloncesto, fútbol, loita, e golf.
Haley comezou a actuar á idade de catro anos cando se presentou a un casting de Pizza Hut para un anuncio publicitario nun centro comercial. Tal anuncio lanzou a súa carreira, e nese ano conseguiu o seu primeiro papel en televisión. Inda ben sendo moi pequecho, gañou o papel do fillo de Forrest Gump, o nome do cal tamén era Forrest Gump, na película do ano 1994 do mesmo nome. Obtivo papeis en numerosas series de televisión, incluíndo Walker, Ranger de Texas (interpretando un rapaz que agonizaba de SIDA), Murphy Brown e The Jeff Foxworthy Show.
Porén, non foi ata 1999 que Osment acadou o éxito co seu papel no coñecido filme O sexto sentido que co-protagonizou con Bruce Willis. Este papel fíxoo merecedor do Premio Saturno e unha nomeamento ós Premios Óscar ao Mellor Actor Secundario, no entanto, finalmente foi para Michael Caine (con quen máis adiante Haley protagonizaría Secondhand Lions).
Máis tarde, Haley apareceu en Pay it Forward (2000), e finalmente en A.I. Artificial Intelligence (2001) de Steven Spielberg, filme que o situou indiscutibelmente coma un dos principais actores xuvenís de Hollywood. Este papel valeulle outro Premio Saturn.
Dende aquela, volveu aparecer nas pantallas protagonizando Secondhand Lions e actualmente prepárase para a estrea de Home of the Giants 2006. Neste último período tamén traballou como actor de dobraxe, brindando a súa voz para videoxogos e seriais de televisión. Interpretou o personaxe Sora da serie de videoxogos Kingdom Hearts, producido por Disney e Squaresoft.
Un dos diálogos de Haley n'O Sexto Sentido, "Vexo xente morta (I see dead people"), foi explotado en programas de televisión e bromas nos Estados Unidos e volveuse parte da colección de frases famosas do cine que Hollywood desenvolveu na súa historia.
Haley atribúe o seu éxito como actor ós seus pais.
Vida persoal Haley Joel Osment vive actualmente nos Ánxeles cos seus pais e maila súa irmá, Emily Osment, que tamén traballou como actriz na popular serie de Disney Channel, Hannah Montana, e Spy Kids. Haley estudou na Escola Preparatoria de Flintridge, en California.
As bandas favoritas de Osment son R.I.M., Pink Floyd, Led Zeppelin e Coldplay. Gústanlle os lagartos e ten dous como mascotas.
No 2007 foi detido por conducir bébedo e por exceso de velocidade. Tamén estivo detido por posesión de drogas.
Filmografía Ano Filme Papel Notas1994Forrest GumpForrest Gump, Jr.Mixed NutsLittle Boy1996BogusAlbert FranklinFor Better or WorseDanny1998Ransom of Red ChiefAndy Dorset(Filme TV)1999O sexto sentidoCole SearNomeamento – Academy Award for Best Supporting ActorI'll Remember AprilPeewee Clayton2000Pay It ForwardTrevor McKinneyDiscover SpotSpot the DogVoz2001A.I. Artificial IntelligenceDavidEdges of the LordRomek2002The Hunchback of Notre Dame IIZephyrVozThe Country BearsBeary BarringtonVoz2003Secondhand LionsWalterThe Jungle Book 2MowgliVoz2005Immortal Grand PrixTakeshi JinnoSerie anime TV; Voz2008Home of the GiantsRobert "Gar" GartlandCompleto2009Montana AmazonWomplePost-ProduciónTruth & TreasonHelmuth HübenerPre-produción
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados nos Ánxeles