miniatura|210px|left|Minería de cobre e ouro en Ok Tedi. Papúa-Nova Guinea é dotada de moitos recursos naturais, pero a explotación é dificultada polo terreo accidentado, por cuestións acerca da propiedade das terras, e polo alto custo de implantación da infraestrutura necesaria. A economía ten un pequeno sector formal basicamente exportador de produtos primarios, e tamén un gran sector informal que emprega a maioría da poboación. Non obstante as fontes mineiras, incluíndo o petróleo, o cobre e o ouro, representan 2/3 das súas exportacións.
Mantén unha agricultura de subsistencia que serve unicamente para o consumo local, aínda que tomou certo auxe a industria madeireira. O 85% da súa poboación vive da agricultura.
Notas