O río Támega (en ), é un curso fluvial que nace en Galiza, e percorre parte do norte de Portugal, ata desembocar no río Douro, logo dun percorrido de 145 km. É o único río principal galego, xunto cos seus afluentes, que pertence á Confederación hidrográfica do río DouroExiste regos e regatos menores de Vilardevós, Riós, A Gudiña e da Mezquita que continúan cara a territorio portugués e que tamén pertencen a esa confederación hidrográfica internacional do río Douro. Véxase mapas.xunta.gal..

Etimoloxía O nome do río é prerromano, dunha raíz indoeuropea *tam- "de cor escura", que aparece noutros hidrónimos galegos: Tambre, Támoga, Tamuxe, e tamén noutros países europeos, baste lembrar o británico Támese, en inglés ThamesArtigo no Portal das Palabras da RAG onde falan da etimoloxía de Tambre. Do nome do río deriva do pobo prerromano dos tamagani, que habitou o val de Monterrei.

Percorrido O Támega nace na serra de San Mamede, no Alto de Talariño a 960 m de altura, preto da parroquia da Alberguería, no concello ourensán de Laza. Atravesa logo o val de Monterrei ata entrar por Chaves en Portugal. Desde alí cruza o resto do distrito de Vila Real, formando linde entre este e o de Braga, para finalmente entrar no de Porto, onde rende as súas augas ao Douro na localidade de Entre-os-Rios.

Entre as localidades máis importantes que atravesa están Laza, Castrelo do Val, Verín e Oímbra en Galiza, e mais Chaves e Amarante no norte portugués. O seu afluente máis salientábel en terras galegas é o río Búbal, que o é pola dereita.

Protección

A cunca e ribeiras galegas do río Támega teñen a cualificación de zona especial de conservación e que se denomina río Támega.

Datos de interese do río e do seu val 300px|miniatura|Vista do río Tamega en Rabal. Nacemento: preto da alberguería do Prado. Vexetación predominante: árbores de cultivo. Desembocadura: río Douro. Material xeolóxico: micacitas. Afluentes: río Búbal. Tipo de rotación de cultivos: centeo, trigo, patacas, barbeito. Lonxitude: 38,5 km na parte galega. Densidade do gando: 0,8 vacún/Ha. Superficie conca: 669 km². Densidade explotacións: 6,7 número expl./km². Densidade de poboación: 32 hab./km². Precipitacións: 1157 mm. Diferenza entre cotas: 1000 m. Déficit hídrico: máis de 90 días. Pendente: 2,26 graos. Textura do solo: areoso. Aceptación precipitacións: alta. Porcentaxe de concellos galegos que compoñen a conca: Laza 40%, Castrelo do Val 10%, Verín 10%, Monterrei 30%, Oímbra 10%.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Ríos de Galicia Támega, rexión portuguesa

Categoría:Ríos da provincia de Ourense Río Támega Categoría:Afluentes do Douro Categoría:Ríos de Portugal Tamega