miniatura|Insignia da Sociedade Nazonalista Pondal, 1929 A Sociedade Nazonalista Pondal foi unha asociación independentista galega de Buenos Aires entre os anos 1927 e 1938.
Traxectoria En 1927 a Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires converteuse na asociación cultural Sociedade d'Arte Pondal, que axiña adoptou o novo nome de Sociedade Nazonalista Pondal. Fundada por Moisés da Presa, Bernardo Souto, Clemente López Pasarón, Lino Pérez e Bieito Fernández Álvarez. Posuía un voceiro chamado A Fouce, o cal saíu ata 1938.Diéguez Cequiel (2015), pp. 151-158
A Sociedade Nazonalista Pondal foi a unha das primeiras asociacións importante que avogou pola plena independencia de Galicia, e mesmo tratou de promover un partido independentista en Galicia, sen moito éxito. A persoa en quen ía recaer en Galicia a creación dese partido sería Álvaro de las Casas, quen impulsara en febreiro de 1932 os primeiros grupos Ultreya.Diéguez Cequiel (2003), p. 46 e seguintes
En 1938 autodisolveuse para favorecer a unidade do galeguismo mentres Galicia permanecese baixo un réxime ditatorial, e a maioría dos seus membros integráronse no Grupo Galeguista de Bos Aires. A SNP contou nos seus anos de existencia con arredor de 100 socios.
Entre 1938 e 1941 os seus membros participaron da reorganización patriótica galega no exilio, poñendo a súa experiencia militante ao servizo da mesma. Os tres vogais da primeira directiva da Irmandade Galega de Bos Aires foron antigos membros da SNP (Vicente Barros, Pedro Campos Couceiro e Xohán González). No 1941 relanzouse A Fouce, que se volveu publicar ata 1944 e da que Vicente Barros, foi o novo director.Fernández Santiago (2001), p. 198
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Alalá (revista)
Categoría:Asociacións de Galicia