Nicaragua, oficialmente a República de Nicaragua, é un Estado de Centroamérica que limita ao noroeste con Honduras, ao sur con Costa Rica, ao oeste co océano Pacífico e ao leste co mar Caribe. Nicaragua defínese como un estado independente, libre, soberano, unitario e indivisible.
Etimoloxía Existen dúas teorías principais sobre a orixe do nome "Nicaragua". A primeira é que se trata dun nome dado polos conquistadores españois baseándose en Nicarao, que foi o xefe ou cacique dunha poderosa tribo que se encontrou co conquistador Gil González Dávila durante a súa expedición polo suroeste de Nicaragua en 1522. Esta teoría sostén que Nicaragua está formado por Nicarao e agua ("auga"), en referencia ós dous grandes lagos e outros corpos de auga que atoparon no país. Porén, en 2002 determinouse que o nome real do cacique era Macuilmiquiztli, que quere dicir "Cinco Mortes" na lingua náhuatl.
A segunda teoría baséase en que o nome provén das seguintes palabras náhuatl: nic-anahuac, que quere dicir "Anahuac chegou tan lonxe", ou "os náhuatls chegaron tan lonxe" ou "os que veñen de Anáhuac chegaron até aquí"; nican-nahua, que quere dicir "aquí están os nahuas"; ou nic-atl-nahuac, que quere dicir "aquí pola auga" ou "rodeados de auga".
Historia
miniatura|As pisaduras de Acahualinca son marcas humanas de hai uns 2120 anos, preservadas en lama volcánica cerca do lago de Managua. Época precolombiana Coñécense asentamentos indíxenas na rexión que datan de polo menos 6.000 anos de antigüidade. O asentamento de Acahualinca confirma estes datos xunto con outras evidencias arqueolóxicas, principalmente artigos cerámicos e estatuarios de pedra volcánica como os atopados na illa de Zapatera.
Colonización española En 1524 Granada e León foron fundadas por Francisco Hernández de Córdoba no que hoxe en día é Nicaragua. En 1528 a Coroa española creou a Provincia de Nicaragua, que posteriormente pasou a depender da Audiencia e Capitanía xeneral de Guatemala, dependente do Vicerreinado da Nova España até 1812.
A mediados do século XVI desenvolveuse no nordeste da actual Honduras a nación dos zambos mosquitos, xurdida da mestura entre os indíxenas que a habitaban e os escravos sobreviventes do naufraxio dun barco negreiro que afundira na costa. Os británicos estabeleceron amigables relacións con eles e naceu así a reserva Misquita ou "Mosquitia", unha especie de "protectorado" británico que durou até finais do século XIX. En 1803, por intermedio da Real Orde do 20 de novembro, o rei de España ordenou segregar da antiga Capitanía xeneral de Guatemala, a Costa de Mosquitos, coas illas de San Andrés, e agregalas ao Vicerreinado de Nova Granada. En 1894, tropas nicaraguanas ao mando de Rigoberto Cabezas ocuparon a rexión, que foi organizada como O Departamento de Zelaya, dividido a finais do século XVII en dúas rexións (Rexión Autónoma do Atlántico Norte e a Rexión Autónoma do Atlántico Sur).
En 1812 as Cortes de Cádiz erixiron a Provincia de Nicaragua e Costa Rica (separada da Provincia de Guatemala), e con cabeceira na cidade de León. Esta provincia durou até 1814, ano no que se restabeleceu o reino de Guatemala. En 1820, ao retomarse o réxime constitucional, apareceu a Provincia de Nicaragua e Costa Rica, que estaba dividida en sete partidos: Costa Rica, El Realejo, Granada, León, Nicaragua (Rivas), Nicoya e Nova Segovia.
Independencia de España
O 11 de outubro de 1821, a Deputación Provincial de Nicaragua e Costa Rica, reunida en León, proclamou a independencia absoluta de España e a unión ao Primeiro Imperio Mexicano, aínda que Granada e Costa Rica separáronse da provincia, constituíndo gobernos propios. En 1823, ao producirse a caída de Agustín I, Nicaragua uniuse á Unión Centroamericana, pouco despois transformada na República Federal de Centroamérica (1824). A Federación non sobreviviu moito tempo, e Nicaragua foi o primeiro Estado en separarse dela de xeito definitivo, en 1838. Durante o século XIX aconteceron diversos intentos de reunificar América Central, mais sen éxito.
miniatura|250px|esquerda|Praza da independencia da cidade de Granada.
Nicaragua tivo unha convulsa vida política durante a primeira metade do século XIX. Ao ser a ponte entre os dous océanos, foi utilizada para o desprazamento de pasaxeiros da rota do tránsito propiedade de Cornelius Vanderbilt, pola que circulaban os aventureiros, comerciantes e emigrantes que viaxaban desde o atlántico dos Estados Unidos, até California, onde por 1848-49 se descubrira ouro, converténdoa nun punto máis ou menos estratéxico e importante. En 1854, os xenerais liberais Castellón e Jérez contratan a través de Vanderbilt os servizos de Byron Cole, en calidade de mercenario, posteriormente Cole cédelle o contrato a William Walker; Walker amparado baixo a doutrina Monroe, proclámase presidente de Nicaragua e intenta facer desta un novo membro dos EEUU. Os "filibusteiros" foron derrotados nunha campaña que contou coa participación de todos os países centroamericanos, e con respecto aos nicaraguanos, tivo o seu episodio máis soado na batalla de San Jacinto. Ao concluír o conflito, Nicaragua atopábase gravemente debilitada economicamente, a cidade de Granada fora case totalmente incendiada e mantíñase a rivalidade entre os liberais de León e os conservadores granadinos. Entre as tantas batallas sostidas entre os liberais e os conservadores destaca a batalla do 4 de outubro de 1912 onde as forzas liberais de Masaya, xa sitiadas e derrotadas polos forzas conservadoras e norteamericanas, foron socorridas polo Xeneral Benjamín Zeledón xunto co seu estado maior, os Xenerais Marcelo Castañeda e Horacio Portocarrero. Non obstante, a partir de 1858 iniciouse unha etapa de recuperación non só económica senón sobre todo institucional, que constitúe un dos períodos máis sobresaíntes da historia de Nicaragua que se coñece como a época dos trinta anos ou de predominio conservador. A economía, a cultura e tamén, en menor medida, o social pola desigualdade de clases, converteron ao país no máis estable e rico de toda a América Central e nunha das mellores economías do continente, cun sólido réxime constitucional e unha administración proba e austera das finanzas públicas. Todo isto provocou unha nova chegada de inmigrantes provenientes de Europa, principalmente de Alemaña e Italia, o que beneficiou a economía, mentres que no Salvador, Honduras e Guatemala se vivían conflitos armados e en Costa Rica se daba unha época de golpes militares. Durante esta época ocuparon o poder: Tomás Martínez Guerrero (1858-1867), Fernando Guzmán y Solórzano (1867-1871), Vicente Cuadra y Ruy Lugo (1871-1875), Pedro Joaquín Chamorro y Alfaro (1875-1879), Joaquín Zavala Solís (1879-1883), Adán Cárdenas del Castillo (1883-1887), Evaristo Carazo Aranda (1887-1889) e Roberto Sacasa y Sarria (1889-1893). En 1885, Nicaragua uniuse a Costa Rica e ao Salvador nunha alianza militar para facer fronte ás pretensións do Presidente de Guatemala Justo Rufino Barrios, apoiadas polo Presidente de Honduras Luis Bográn, de restablecer pola forza a unidade política centroamericana; aínda que as tropas de Nicaragua non tiveron ocasión de entrar en combate, xa que Barrios morreu na batalla de Chalchuapa, pouco despois de ter invadido O Salvador.
O período dos trinta anos concluíu en 1893, cando foi derrocado o Presidente Roberto Sacasa y Sarria e ascenderon ao poder os liberais encabezados por José Santos Zelaya López. Aínda que Zelaya implantou un réxime ditatorial e se perpetuou no poder até 1909, reprimindo aos seus adversarios e iniciando unha etapa de inestabilidade política; o seu goberno continuou co desenvolvemento do país sufragado pola ampla solvencia e os excedentes económicos existentes no país.
Primeiras décadas do século XX Durante o principio do século XX o país caracterizouse pola inestabilidade política e polas intervencións armadas dos Estados Unidos. Ademais, durante este tempo, nacen algunhas discrepancias con Honduras por problemas territoriais, xa que con ese país non se definiran claramente os dereitos sobre a Costa de Mosquitos. O diferendo* solucionouse o 24 de marzo de 1928 co tratado Esguerra-Bárcenas, no cal, Colombia, recoñeceu a propiedade e soberanía de Nicaragua sobre as illas Mangle e a Costa de Mosquitos desde o cabo Gracias a Dios e agora até o río San Juan (como consecuencia da segregación de Panamá) e Nicaragua recoñeceu á súa vez a soberanía e propiedade de Colombia sobre o Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina e todas as demais illas, illotes e caios que forman parte do Arquipélago de San Andrés e Providencia. En 1930 precisou na Acta de Troco do Tratado o alcance do seu contido, e determinouse por suxestión do goberno nicaraguano un límite marítimo a partir do meridiano 82 de Greenwich sobre a base de que o Arquipélago de San Andrés e Providencia non se estende ao occidente do referido meridiano. O 4 de febreiro de 1980, a daquela Xunta de reconstrución de Nicaragua declarou unilateralmente a nulidade do Tratado Esguerra-Bárcenas, demandándoo ante a xustiza co resultado da validación plena do tratado e a reiteración da soberanía colombiana sobre as illas o 13 de decembro de 2007. Pero non sobre as 200 millas náuticas de zona económica exclusiva de Nicaragua.
Un dos personaxes importantes da primeira metade do século XX foi Augusto Nicolás Calderón Sandino, máis coñecido como Augusto C. Sandino, xeneral de orixe labrega, que cando liberais e conservadores chegaron ao pacto do "Espino Negro", continuou a loita contra a intervención norteamericana. A última entrevista que deu o Xeneral Sandino foi o 3 de febreiro de 1933 ao periodista de LA PRENSA Adolfo Calero Orozco (1899-1980), un día despois de subscribir co presidente Juan B. Sacasa os “Convenios de Paz”, os cales implicaron a disolución do seu Exército e, na práctica, a sinatura da súa sentenza de morte. A morte de Augusto C. Sandino ordenouse ás sete da noite na oficina do Xefe Director da Garda Nacional e executouse aproximadamente ás 23.00 nun predio de barrio Larreynaga, daquela periférico da Vella Managua, o 21 de febreiro de 1934. Desde 1934 a 1979, Nicaragua vive unha era marcada pola sucesión no poder de distintos ditadores, pertencentes á familia Somoza.
Desde a súa Independencia, até a Revolución de 1979, Nicaragua estivo moi influenciada por tres poderosas familias: Os Chamorros, Sacasas e Somozas.
A revolución e a guerra civil De novo o auxe económico aterra no país entre as décadas do 50 e 60, e a pesar de existir unha baixa estabilidade política, ese auxe causou que a capital Managua se desenvolvese extensamente; aínda que un terremoto provocou a destrución da cidade e a morte de máis de 10,000 persoas en 1972. Os gobernos da familia Somoza, apoiados militarmente por Estados Unidos, gobernaron o país durante varias décadas, até que estala a Revolución Sandinista en 1979. Pese a a curta duración que tivo o conflito armado, os continuos bombardeos nas cidades provocaron a morte de máis de 50,000 persoas. O FSLN logra derrocar a Somoza o 19 de xullo de 1979, a Fronte Sandinista de Liberación Nacional, apoiado económica e militarmente por Cuba e a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS), realizou cambios sociais, expropiando á clase alta do país en xeral. Non obstante, a etapa sandinista foi unha continuación do conflito leste - oeste entre as dúas potencias da guerra fría. Formáronse os contras armados e financiados polo Goberno dos Estados Unidos, incluso trala vitoria electoral do sandinismo en 1984. Moitos nicaraguanos emigraron a Estados Unidos, O Salvador, Guatemala, Costa Rica, Honduras, Canadá, México, países occidentais de Europa e Australia durante a guerra civil escapando da persecución política, o servizo militar obrigatorio e o mal estado económico do país.
Nicaragua desde 1990