300 px|miniatura|Especies de arbustos típicas nas matogueiras galegas: toxo molar (Ulex minor) en amarelo con queiroas (Calluna vulgaris), en rosa. Un arbusto é un vexetal leñoso de mediano porte, entre as herbáceas e as árbores. É un termo difícil de describir e algunhas especies consideradas arbustos poden acadar tamaño de árbores en boas circunstancias.
A diferenza das árbores, que teñen un só talo ou toro, considérase que os arbustos ramifican dende o chan, tendo polo tanto varios talos. Os arbustos poden ser miúdos, incluso de tamaños inferiores a moitas herbáceas, e neste caso tamén son chamados gamallos (como é o caso das urces); outros poden acadar varios metros de altura, e son considerados ás veces arboriñas (é o caso da abeleira).
Non todas as plantas lígneas ramificadas dende a base son consideradas arbustos; por exemplo, o tomiño (xénero Thymus) ou o cantroxo (xénero Lavandula) son matos leñosos ou, como tamén se di, subarbustos. Termos coma árbore, arbusto ou gamallo/mato describen biotipos na lingua común e son máis ou menos equivalentes doutros técnicos; os equivalentes botánicos para este concepto son os termos caméfito, nanofanerófito e microfanerófito.
É frecuente que especies que se presentan normalmente como arbustos crezan coma árbores onde as circunstancias ecolóxicas son distintas, como ocorre co Quercus coccifera no norte de África, ou por un esforzo deliberado no cultivo, como se ve ás veces co loendro (Nerium oleander).
As plantas rubideiras tamén se denominan ás veces arbustos gateadores.
Matogueira O bioma ou ecosistema con predominio de arbustos chámase matogueira. Outros termos son breña, coucheira, fraguiza, matagueira, mato ou vedramio. Normalmente considéranse maleza.
Usos Xardinaxe 200px|miniatura|Cos arbustos adóitanse facer sebes de topiaria en xardinaxe. Neste caso buxos no parque de Castrelos en Vigo.Moitos arbustos son empregados polas súas follas, flores, froitos ou estrutura, na xardinaxe coma ornamentais coma complementos horizontais ás árbores, para crear pantallas, ou zonas frondosas. As máis das veces créanse cerramentos de sebes (evónimos, tuias etc.), topiaria (buxo etc.) ou conxuntos ornamentais (roseiras, camelias etc.), aromáticos (cantroxos, romeus etc) ou polo froito (o caso das bagas e froitos do bosque: framboeseiros, groselleiros etc).
Estrume As matogueiras tiveron grande importancia na economía e na agricultura galegas no pasado. Moitos dos montes hoxe cubertos con piñeiros e eucaliptos eran dende a antigüidade zonas de mato que se aproveitaban para estrar as cortes ou coma pasteiros. O conxunto de restos vexetais, como toxos, silvas, fentos etc., que se empregan, entre outras cousas, para fondar as cortes denomínase estrume, mato, batume , broza , esquilmo , mulime ou valume.
Especies de arbustos comúns en Galiza Arbustos empregados coma estrume: 200px|right|miniatura|As uceiras son formacións de matogueira de especies de uces moi comúns en Galiza.
Toxo Xesta Silva Uz
Outros arbustos bravos: Xibarda (empregada para fabricar vasoiras) Esteva Codeso Mirto Sanguiño Roseira brava
Arboriñas espontáneas: 200 px|miniatura|right|As abeleiras son arboriñas que poden ser consideradas arbustos
Acivro Abeleira Loureiro Estripeiro Pereira brava Sabugueiro Érbedo Carballo anano Salgueiro bravo
Medicinais e olorosas: Carqueixa Cantroxo Romeu Ourego Ruda Xarxa Trobisco
Ornamentais: Espiño de fogo Loendro Roseira Buxo Evónimo Loureiro real Groselleiro Camelio Alfaneiro Alcaparra Xenebreiro Berberis Diferentes especies de coníferas ananas. Etc.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Matogueira Compostaxe
Categoría:Termos botánicos