Nasukarasuyama (那須烏山市, なすからすやまし, Nasukarasuyama-shi) é un concello da prefectura de Tochigi no Xapón. Está situado ao norte da rexión de Kantō e ao leste da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. Ten 174,42 km² de superficie, unha poboación de 30.024 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 172 h/km².

A cidade de Nasukarasuyama foi fundada pola fusión dos concellos de Karasuyama e de Minaminasu do distrito de Nasu no ano 2005.

O concello de Nasukarasuyama limita co concello de Nakagawa, Sakura, Takanezawa, Ichikai, Mogi (que son da prefectura de Tochigi); e Hitachiōmiya (este último é da prefectura de Ibaraki).

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Nasukarasuyama .

Categoría:Prefectura de Tochigi Categoría:Concellos do Xapón