Illa de Francia (en francés: Île-de-France) coñecida tamén popularmente como Région Parisienne (en galego: «Rexión Parisiense»), é unha rexión histórica e administrativa de Francia, situada ao redor da súa capital, París. Os seus habitantes chámanse franciliens e franciliennes.

É unha das rexións con maior renda per cápita do mundo e constitúe a área metropolitana de París. É a rexión máis poboada de Francia, e ten máis habitantes que Bélxica, Suecia ou Grecia. É a terceira entidade subnacional máis poboada da Unión Europea logo de Renania do Norte-Westfalia e Baviera.

A reforma territorial de 2014 non afectou á delimitación da rexión, sendo unha das cinco rexións metropolitanas que non cambiaron.

Demografía

Notas

Véxase tamén