Wander Wildner, como é coñecido Wanderley Luis Wildner, (Venâncio Aires, 20 de setembro de 1959) é un cantante e compositor brasileiro. Ficou coñecido por participar na banda Os Replicantes, que tivo grande importancia no punk rock nacional dos anos 80.
Iniciou a súa carreira en solitario facendo versións musicais, e posteriormente pasou a compoñer as súas propias cancións. Lanzou o seu primeiro disco en 1996, intitulado Baladas Sangrentas producido por Tom Capone, un coñecido produtor brasileiro, pola gravadora Velas.
Algunhas das súas cancións foron versionadas por Ira! e Tequila Baby e participou no 2005 dunha edición do popular Acústico MTV (MTV Unplugged), titulado Acústico MTV: Bandas Gaúchas, canda as bandas Bidê ou Balde, Cachorro Grande e Ultramen.
Discografía Con Os Replicantes Álbums de estudio O Futuro é Vórtex (1986) Histórias de Sexo & Violência (1987) Papel de Mau (1989) Andróides Sonham com Guitarras Elétricas (1991) A Volta dos que Não Foram (2001) Go Ahead (2003) Os Replicantes em Teste (2004)
Álbum ao vivo Os Replicantes ao Vivo (1996)
Recoleccións Rock Garagem (Varios artistas) (1984) Rock Grande do Sul (Varios artistas) (1986) Hot 20 (1999) Old School Veterans Braziliasta (2006)
Carreira en solitario Álbums de estudio Baladas Sangrentas (1997) Buenos Dias! (1999) "Eu Sou Feio... Mas Sou Bonito!" (2001) Paraquedas do Coração (2004) La Canción Inesperada (2008)
Álbums ao vivo Acústico MTV: Bandas Gaúchas (2005) Ao Vivo no Café Camalehon (2005)
Recoleccións No Ritmo da Vida: Hits (2004) 10 Anos Bebendo Vinho (2005)
Ligazóns externas Página oficial MySpace oficial