Xosé Carballude Blanco, nado en Rubín (A Estrada) o 15 de agosto de 1956, é un escritor galego de literatura infantil e xuvenil.
Traxectoria Licenciouse en Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago. Actualmente xubilado, foi profesor de latín no IES Xosé Neira Vilas de Perillo (Oleiros), tras pasar por Badaxoz, Vilagarcía de Arousa e Carballo.
Comezou a súa carreira como escritor presentándose ao II Concurso do Barco de Vapor, no que quedou finalista.
Obra Literatura infanto-xuvenil O xílgaro pintor, 1987, Galaxia (narrativa infantil). Os gazafellos, 1987, S. M. (narrativa infantil). Andainas de Pedro Chosco, 1989, S. M. (narrativa infantil). O talismán dos druídas, 1989, Galaxia (narrativa xuvenil). Investigación 091, 1989, S. M. (novela xuvenil). Foi traducida ao catalán. Os enredos de Olalla, 1990 (narrativa infantil). O deus desaparecido, 1991, S. M. (narrativa). A fraga misteriosa, 1992, S. M. (narrativa xuvenil). A historia do home-can, 1993 S. M. - Everest (narrativa infantil). S.O.S., 1994, Galaxia (novela xuvenil). Romaxe de desventuras, 1997, Edebé-Rodeira (narrativa xuvenil). Foi traducida ao castelán. ¡Maldito D.N.I.!, 1998, Xerais (novela xuvenil). Andrea quere ser maior, 1999, Everest Galicia (narrativa infantil). Os enredos de Olalla, 1999, Everest Galicia (narrativa infantil). Mimos e máis mimos, 1999, Galaxia (narrativa infantil). Paisaxe con fondo gris, 2001, Galaxia (novela xuvenil). De cómo o Santo dos Croques se fai peregrino, 2002 (narrativa infantil). Os Gazafellos, 2006, Galaxia (narrativa xuvenil). Miña avoa ten 13 anos, 2006, Tambre (narrativa infantil). Xograres dun tempo novo, 2009, Everest Galicia (narrativa xuvenil). Marxinados, 2014, Galaxia (narrativa xuvenil). A vida diaria dos romanos (2021). Xerais, col. Seica. Ilustracións de Jorge Campos Sánchez. 88 páxs. ISBN 978-84-9121-859-3. ePub: ISBN 978-84-9121-855-5. In memoriam (2021). Vigo: Xerais, col. Fóra de Xogo. 184 páxs. ISBN 978-84-9121-904-0. ePub: ISBN 978-84-9121-924-8. En terra allea (2024). Vigo: Galaxia, Costa Oeste. 154 páxs. ISBN 978-84-1176-349-3.
Traducións Fábulas de Fedro, 1988, Clásicos en Galego, Editorial Galaxia e Xunta de Galicia. Con Rosa García Vilariño e Xosé María Liñeira. Sobre a vellez; Sobre a amizade de Cicerón, 1995, Clásicos en Galego, Editorial Galaxia e Xunta de Galicia.
Obras colectivas 8 contos, 1989, Xunta de Galicia. Lerias, 1991, Xunta de Galicia.Ficha de Lerias na Biblioteca Virtual Galega. Catro contos para unha data, 2004, Xunta de Galicia. Poesía contemporánea. Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Fervenza.
Recoñecementos Premio Barco de Vapor de literatura en galego en 1990, por O deus desaparecido, con Andrés García Vilariño VII Edición Premios San Martiño de nomalización lingüística (1997), no Concello da Estrada. Premio Barco de Vapor de literatura en galego no 2002, por De como o Santo dos Croques se fai peregrino.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Páxina do autor en Xerais. Páxina do autor na Editorial Galaxia. Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1956 Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores do latín