Uxío Carré Alvarellos, nado na Coruña o 5 de setembro de 1885 e finado o 18 de setembro de 1967 na mesma cidade, foi un escritor galego.
Traxectoria Foi o segundo dos once fillos de Uxío Carré Aldao. Foi profesor mercantil da Escola Superior de Comercio da Coruña en 1904; renunciou e formou despois parte da Universidade Popular da Coruña. En 1906 foi nomeado académico non numerario da Real Academia Galega. O 20 de abril de 1919, publicou en "¡Terra a Nosa!" (suplemento literario do diario coruñés El Noroeste) un conxunto de poemas titulado xenericamente Da raza. En 1921 publicou A tentación e Macías o Namorado. En 1954 e 1964 publicou en Buenos Aires Escolma de poesías e arelas.
Escribiu co seu irmán Leandro unha biografía de Galo Salinas premiada polo Centro Galego de Madrid en 1954, e deixou inéditas varias novelas (O milagre, Volverá, Un episodio en la retaguardia), ademais dunha serie de diálogos reunidos baixo o título común Críticas e pasatempos.
Casou en novembro de 1914 con Margarida Naya Silva. O seu fillo máis vello, Uxío Carré Naya, foi asasinado durante a represión que seguiu ao Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.
Obra Da raza, 1919 (versos) Macías, o namorado, monólogo en verso, 1921 (teatro) A tentación, ensaio de poema representabre en dúas xeiras, 1921, ilustrado por Camilo Díaz Baliño. Escolma de poesías, 1954 (versos) Desalento: Monólogo curto, 1960 (teatro) A miña viaxe ás Grañas do Sor, 1993 (póstumo, inclúe o poemario Arela e as novelas O milagre e Volverá) A miña viaxe ás grañas do Sor na páxina da Editorial Galaxia.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
"Carré Alvarellos, Uxío" en
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega