Xoán Manuel Casado Martínez, nado en Barcelona o 18 de decembro de 1949 e finado o 19 de xaneiro de 2002, foi un escritor e avogado galego.

Traxectoria Estudou Dereito na Universidade de Barcelona e tras aprobar oposicións exerceu como avogado da Seguridade Social na súa cidade natal. Fillo de Manuel Casado Nieto e Eva Martínez-Carmona. Casou coa avogada Ana Jorcano.

Obra Poesía Rexistro de menores espantos, 1973, Vento que zoa, edición do autor. Os preludios, 1980, Ediciós do Castro. O libro de Caldelas, 1982, Galaxia. O antigo futuro, 1986, Sotelo Blanco. Crónica persoal. Poesía completa 1973-2002, 2006, Danú-PEN Clube de Galicia. Edición de Xesús González Gómez.

Narrativa O inverno do lobo, 1985, Sotelo Blanco. Os brasileiros, 1986, Xerais.

Traducións Mostra antolóxica de poetas contemporáneos: ingleses, franceses, italiáns, cataláns, 1981, Ediciós do Castro. Con Manuel Casado Nieto.

Libros de conversas Xosé Luís Méndez Ferrín, 1989, Sotelo Blanco. Con Xosé Manuel Salgado.

Obras colectivas Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco. Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.

Premios Premio Blanco Amor en 1985, por O inverno do lobo.

Véxase tamén

Bibliografía

(2006): "Limiar", en Crónica persoal. Poesía completa 1973-2002. Páx. 9-23.

Ligazóns externas Vídeo da presentación dun libro de Xoán Manuel Casado

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Gañadores do Premio Blanco Amor Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes