miniatura|Tumba de Xohán Casal no cemiterio de Santo Amaro da Coruña. Xohán Casal Pardo, nado na Coruña a finais de 1935 e finado na mesma cidade o 10 de xaneiro de 1960, foi un escritor galego.

Traxectoria Fillo de Jacobo Casal Rey. Cursou estudos mercantís na Coruña pero abandonounos aos tres anos por problemas de saúde. Coñeceu a obra de Castelao en 1956 e rachou co seu facer en castelán. Considerado o iniciador da Nova narrativa galega, escribiu O camiño de abaixo, publicado en 1970 como obra póstuma cun prólogo do seu amigo Reimundo Patiño. A enfermidade do corazón que padeceu dende neno e que o levou prematuramente á tumba condicionou a súa vida. O resto da súa produción quedou inédito, agás un artigo sobre Rosalía de Castro publicado en El Ideal Gallego.

O mundo dos relatos de Casal está dominado constantemente pola soidade e a morte. Aparecen elementos simbólicos desacougantes e opresivos.

Obra O camiño de abaixo (Ediciós do Castro, 1970; con cuberta de Luís Seoane). O camiño de abaixo (Edicións Xerais de Galicia, 2005; con introdución e estudo de Teresa Bermúdez).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Literatura galega do século XX

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 1960