Kazakhstán, tamén chamado Kazakistán, Casaquistán ou Kazhakhstán,Diciopedia do século 21. é un país fundamentalmente asiático, aínda que tamén inclúa unha rexión relativamente pequena que, xeograficamente, pertence á Europa: a área situada ao oeste do río Ural, o punto máis oriental do continente europeo. Limita ao norte e oeste con Rusia (6.846 quilómetros de fronteira), ao leste coa China (1.533 km), a sur co Kirguizistán (1.051 km), o Uzbekistán (2.203 km) e Turkmenistán (379 km) e a oeste co Mar Caspio. É o noveno país máis grande do mundo por superficie, mais ten unha densidade de 6 hab./km².

Kazakhstán foi un dos países que se volveron independentes coa disolución da Unión Soviética, proclamando a súa independencia o 16 de decembro de 1991.

Historia

Os kazakos, ou cabaleiros das estepas, descenden de tribos nómades de orixe turca e relixión islámica que, no século XVII, piden protección ao tsar ruso perante a ameaza de invasión mongol. O Imperio Ruso retira o poder dos xefes tribais e domina gradualmente Kazakhstán.

Coa abolición da servidume polo imperio, no 1861, millóns de labregos rusos e ucraínos instálanse nas terras kazakas doadas polo goberno central, provocando resentimentos entre os nativos. O exército tzarista reprime unha rebelión contra o poder ruso no 1916, matando 150.000 persoas.

Cambio de presidente, e do nome da capital Nursultan Nazarbayev, veterano ex-comunista, o único dirixente da antiga URSS no poder sen interrupcións desde a disolución do país en 1991, o político que máis tempo permaneceu no poder en todo o espazo post-soviético, anunciou por sorpresa, o 19 de marzo de 2019 a súa dimisión tras practicamente 30 anos á fronte de Kazakhstán. Nazarbáyev, de 78 anos de idade, fixo pública a súa decisión a través dunha alocución televisada polos principais canais do país. «Este ano cumpriranse 30 anos desde que ocupo o cargo máis alto. O pobo outorgoume a posibilidade de ser o primeiro presidente do Kazakhstán independente», dixo diante as cámaras despois de dar a coñecer a súa renuncia.El presidente kazajo y último líder soviético, renuncia tras 30 años en el poder. La Voz de Galicia, 20-03-2019.Nazarbayev dimite por sorpresa como presidente de Kazajstán tras tres décadas en el poder. ABC, 19-03-2019.

Porén, o líder kazako non se apartará demasiado dos centros de poder. Segundo as súas palabras, manterse á fronte do Consello de Seguridade da república, do Consello Constitucional e do seu partido Nur Otan, o maioritario no Parlamento. Até que se celebren unhas novas eleccións, o presidente é Kassym-Jomart Tokayev, que ocupaba o cargo de presidente do Senado no momento da renuncia do xefe de Estado.

A primeira medida adoptada polo Parlamento kazako, tras renunciar Nursultan Nazarbayev ao seu cargo de Xefe do Estado e tras tomar posesión o novo presidente interino, Kassym-Jomart Tokayev, non caeu ben entre algúns cidadáns de Astana, a capital do país, cuxo nome foi cambiado ao do pai da Nación, Nur-Sultan. Con todo, só tres anos despois, a cidade volveu cambiar de nome, recuperando a denominación de Astana.

Xeografía Kazakhstán é un país transcontinental, coa maior parte do seu territorio situado na Asia Central e unha menor (ao oeste do río Ural) en Europa. Cunha superficie de 2 724 900 km²,Kazajistán. Geografía (Oratlas. Tradución ao castelán do World Factbook da CIA) é o noveno país máis grande do mundo, así como o estado sen litoral marítimo máis extenso do mundo (considerando o mar Caspio como un lago). Kazakhstán é un dos seis Estados túrquicos independentes, xunto a Turquía, Azerbaidján, Kirguizistán, Uzbekistán e Turkmenistán; comparte fronteiras cos tres últimos e con Rusia e a China, ao mesmo tempo que posúe costas no mar Caspio e no mar de Aral. A capital foi trasladada en 1997 de Almati, a cidade máis poboada de Kazakhstán, a Astana. Kazakhstán pertence á rexión natural denominada Asia Central, formada ademais, xunto con Tadjiikistán, por tres dos países xa citados, Kirguizistán, Uzbekistán e Turkmenistán.

A maior parte do territorio está cuberta por deserto, semi-deserto e estepa, aínda que ao norte o país atinxa a zona da taiga. O clima é continental, con veráns quentes e invernos fríos.

Organización político-administrativa dereita|400px

Kazakhstán está formado por 14 provincias (oblystar; en singular: oblys) e tres cidades (qala; en singular: qalasy). Á súa vez, as provincias divídense en distritos.

Provincia Capital Área (km²) Poboación Akmola Kokshetau 121,400 829,000 Aktobe Aktobe 300,600 661,000 Almaty(1) Almaty 324.8 1,226,300 Provincia de Almati Taldykorgan 224,000 860,000 Astana(1) Astana 710.2 600,200 Atyrau Atyrau 118,600 380,000 Baiconur(2) Baikonur 57 70,000 Kazakhstán oriental Oskemen 283,300 897,000 Karagandy Karagandy 428,000 1,287,000 Kostanay Kostanay 196,000 975,000 Kyzylorda Kyzylorda 226,000 590,000 Mangystau Aktau 165,600 316,847 Kazakhstán setentrional Petropavl 123,200 586,000 Pavlodar Pavlodar 124,800 851,000 Kazakhstán meridional Shymkent 118,600 1,644,000 Kazakhstán occidental Oral 151,300 599,000 Zhambyl Taraz 144,000 962,000

Notas: (1) As cidades de Almaty e Astana non pertencen a ningún oblys. (2) A cidade de Baikonur ten un status especial, pois actualmente, até o ano 2050, está gobernada polos rusos debido á presenza do cosmódromo Baikonur.

Demografía

Economía

Mapas e imaxes

Notas

Véxase tamén