Leandro Carré Alvarellos, nado na Coruña o 30 de agosto de 1888 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1976, foi un escritor galego.

Traxectoria Foi o cuarto fillo (de once irmáns) de Uxío Carré Aldao e Purificación Alvarellos Pena. Traballou na librería do seu pai e despois na litográfica La Artística. Acudiu á escola de Marcial Miguel de la Iglesia Vázquez e de Eduardo Corral, mais non fixo estudos superiores porque debía axudar na economía familiar e aforrar gastos, xa que a libraría de seu pai comezara o declive.Álbum das Irmandades da Fala CCG. En 1911 foi destinado á sucursal da fábrica no Porto. Logo de tres anos regresou á Coruña onde foi oficinista, contador e encargado de varios negocios. Foi redactor na Coruña de Vida Gallega, colaborou en Coruña Cómica (co pseudónimo "Fabriella") e Tierra Gallega (co pseudónimo "L. de S."). Foi un dos fundadores das Irmandades da Fala e colaborou en A Nosa Terra, da que foi director na ditadura de Primo de Rivera. No ámbito teatral dirixiu os grupos de teatros dos coros Cántigas da Terra e Saudades e entre 1922 e 1926 a Escola Dramática Galega herdeira do Conservatorio Nacional de Arte Galega e fundou a editorial Lar en 1924, foi membro do Seminario de Estudos Galegos.

Durante a guerra civil española, o seu fillo Leandro Carré Brandariz faleceu en estrañas circunstancias en Asturias en maio de 1937. Carré Alvarellos foi buscalo con resultados infrutuosos, e detivérono ao volver á Coruña, polo que pasou cinco meses no cárcere.

Colaborou coa prensa emigrada e do exilio. Foi membro de número da Real Academia Galega, onde ingresou o 3 de marzo de 1945 coa lectura do discurso El idioma gallego en la Edad Media, respondido por Xosé Filgueira Valverde. Empregou o pseudónimo de Ramón Alvariño. Vida persoal

miniatura|dereita|Uxío Carré Aldao cos seus fillos, de esquerda a dereita Gonzalo, Leandro, Uxío, Lois e Carlos.

Casou con Carmen Brandariz Eiroa, e foi pai de Leandro, Ana María e Adela Carré Brandariz.

Obra en galego Narrativa Amor malfadado, 1918. Contos e diálogos, 1918. Naiciña, 1925, Lar. A propia vida, 1925, Lar. O home que deu vida a un morto, 1926. O xornal de Mavi, 1927. Nos picoutos de Antoín, 1955 (escrita en 1929). Contos de pantasmas, 1972. Obra inédita e esquecida, con obras escritas en 1915 e 1972 (Alvarellos Editora, 2006)

Teatro miniatura|dereita|Compoñentes da Escola Dramática Galega na Coruña en 1923 Tolerías, 1917. Noite de ruada, 1918. Rexurdimento, 1918. Pra vivir ben de casados..., 1918. Enredos, 1919. O engano, 1919. O corazón dun pedáneo, 1921. Un caso compricado, 1922. A venganza, 1922. O pecado alleo, 1924. Almas en pena, 1957.

Gramáticas e dicionarios Compendio de gramática galega, 1919.Asinado co pseudónimo de Ramón Alvariño. Diccionario galego-castelán I, 1928. Diccionario galego-castelán II, 1931. Diccionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego, 1933, ampliado en 1972. miniatura|300px|Entrada dos poetas no SEG en 1926 en Santiago. Están, entre outros: Florentino López Cuevillas, Victoriano Taibo, Vicente Risco, Gonzalo López Abente, Salvador Cabeza de León, Antón Villar Ponte, Xosé Filgueira Valverde, Castelao, Otero Pedrayo, Manuel Lugrís Freire, Leandro Carré e Jaime Vidal Rey.

Edicións As lendas tradizonaes galegas (1969; Porto: Museo de Etnografia e História)

Traducións Capítulos XXV e XXVI do tomo segundo do "Quixote", de Miguel de Cervantes. Real Academia Galega, 1975.

Obra en castelán Gramáticas e dicionarios Gramática gallega, 1967, Editorial Moret.

Edicións Las leyendas tradicionales gallegas, 1977, Espasa-Calpe, Madrid.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Leandro Carré Brandariz (fillo) Conservatorio Nacional da Arte Galega

Ligazóns externas

Membros da Academia. Leandro Carré Alvarellos RAG.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Lexicógrafos Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1888 Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Finados en 1976