é unha franquía multimillonaria, que orixinalmente comezou como un videoxogo, mais debido á súa popularidade logrou expandirse a outros medios de entretemento como series de televisión, xogos de cartas, roupa, entre outros, converténdose nunha marca recoñecida no mercado mundial. As vendas de videoxogos até o 1 de decembro de 2006, acadaran unha cantidade de 175 millóns de exemplares (incluíndo a venda da versión Pikachu da consola Nintendo 64), atinxindo ocupar o segundo lugar das sagas de videoxogos máis vendidos de Nintendo. A franquía celebrou o seu décimo aniversario o 27 de febreiro de 2006.
A serie de videoxogos desenvolveuna a compañía programadora de software xaponesa Game Freak, con personaxes creados por Satoshi Tajiri para a empresa de xoguetes Creatures Inc., e á súa vez para Nintendo. A misión nestes xogos é aprehender e adestrar os pokémon (personaxes cuxa denominación lle dá nome ao xogo), que até a data acadan o número de 1025. A posibilidade de os intercambiar fíxolle conseguir unha popularidade que se reflectiu nun éxito de vendas e a conseguinte aparición dunha serie animada, filmes e diverso merchandising como peluches, xoguetes e cartas.
A produción dos videoxogos, a serie de anime e demais material para a súa distribución en occidente realizouna nos Estados Unidos a empresa 4Kids Entertainment até novembro de 2005, momento no que decidiu non renovar o seu contrato con Pokémon USA (unha subsidiaria de Pokémon Company). Actualmente esta supervisa todo o referente ao material de Pokémon na súa distribución en occidente.
Videoxogos Os videoxogos de Pokémon limitábanse nun principio ao xénero RPG. Após comprobaren o éxito da saga, espalláronse en moitos outros xéneros.
Pokémon Red e Blue Pokémon Yellow Pokémon Gold e Silver Pokémon Crystal Pokémon Ruby & Sapphire Pokémon Emerald Pokémon FireRed e LeafGreen Pokémon Diamond & Pearl Pokémon Platinum Pokémon HeartGold e SoulSilver Pokémon Black & White Pokémon Black 2 & White 2 Pokémon X & Y Pokémon Alfa Zafiro e Rubí Omega Pokémon Sun & Moon Pokémon Ultra Sun & Ultra Moon Pokémon Let´s Go, Pikachu! & Let´s Go, Eevee! Pokémon Sword & Shield Pokémon Trading Card Game Pokémon Stadium Pokémon Stadium 2 Pokémon Colosseum Pokémon XD: Gale of Darkness Pokémon Mystery Dungeon: Blue Rescue Team and Red Rescue Team Pokémon Ranger Pokémon Battle Revolution Pokémon Mystery Dungeon: Explorers of Time and Explorers of Darkness Pokémon Picross Pokémon Shuffle Pokémon GO Pokémon Duel Detective Pikachu Pokémon Quest Magikarp Jump! Pokémon Masters Pokémon Pinball Pokémon Snap Pokémon Puzzle Challenge Pokémon Puzzle League
Anime As series e filmes de Pokémon, forman un anime metaserial que se basea na saga de videoxogos (agás Pokémon Amarelo). A serie segue as aventuras de Ash Ketchum (Satoshi na versión orixinal), quen desexa converterse nun Mestre Pokémon e que na compaña dos seus amigos viaxa ao redor do mundo ficticio de Pokémon. A versión orixinal da serie chámase Pocket Monsters, ou simplemente Pokémon nos países occidentais (a miúdo chamado Pokémon: Gotta Catch 'Em All para o distinguir das demais tempadas) Ash inicia o seu primeiro día de adestrador Pokémon co seu primeiro (e propio) pokémon, chamado Pikachu, a diferenza dos videoxogos onde o adestrador pode escoller a un Bulbasaur, Charmander, ou Squirtle.
A serie de anime estreouse no Xapón o 1 de abril de 1997 na canle TV Tokyo e foi adaptada á cultura occidental por 4Kids Entertainment deica novembro do 2005. Actualmente Pokémon USA encárgase da produción e distribución da serie de anime en occidente.
1. Pokémon: Indigo League 2. Pokémon: The Adventures in the Orange Islands 3. Pokémon: The Johto Journeys 4. Pokémon: Johto League Champions 5. Pokémon: Master Quest 6. Pokémon Advanced 7. Pokémon: Advanced Challenge 8. Pokémon: Advanced Battle 9. Pokémon: Battle Frontier 10. Pokémon: Diamond and Pearl 11. Pokémon: DP Battle Dimension 12. Pokémon: DP Galactic Battles 13. Pokémon: DP Sinnoh League Victors 14. Pokemon: Black & White 15. Pokémon: BW Rival Destinies 16. Pokémon: BW Adventures in Unova and Beyond 17. Pokémon the Series: XY 18. Pokémon the Series: XY Kalos Quest 19. Pokémon the Series: XYZ 20. Pokémon the Series: Sun & Moon 21. Pokémon the Series: Sun & Moon--Ultra Adventures 22. Pokémon the Series: Sun & Moon - Ultra Legends 23. Pocket Monsters
Filmes Durante cada tempada da serie, preséntase un , protagonizado polos personaxes principais da serie. Até mediados do 2008, hai once filmes e un especial para a televisión (emitido fóra do Xapón e titulado "Mewtwo Returns"). Na trama de cada filme, hai un encontro cun pokémon lendario. As películas tamén empréganse para promoveren o novo Pokémon que se supón que vai aparecer nas novas versións do xogo.
Dende o primeiro filme até o sétimo, están precedidos por unha pequena curta denominada “The Pikachu Movie” (O Filme de Pikachu).
1. Pokémon: The First Movie (1998) 2. Pokémon: The Movie 2000 (1999) 3. Pokémon 3: The Movie (2000) 4. Pokémon 4Ever (2001) 5. Pokémon Heroes (2002) 6. Pokémon 6: Jirachi Wish Maker (2003) 7. Pokémon 7: Destiny Deoxys (2004) 8. Pokémon: Lucario & the Mystery of Mew (2005) 9. Pokémon Ranger & the Temple of the Sea (2006) 10. Pokémon: The Rise of Darkrai (2007) 11. Pokémon: Giratina & the Sky Warrior (2008) 12. Pokémon: Arceus & the Jewel of Life! (2009) 13. Pokémon: Zoroark: Master of Illusions (2010) 14. Pokémon the Movie: Black—Victini and Reshiram e White—Victini and Zekrom (2011) 15. Pokémon the Movie: Kyurem vs. the Sword of Justice (2012) 16. ExtremeSpeed Genesect: Mewtwo Awakens (2013)
Pokémon Trading Card Game Pokémon Trading Card Game é un xogo de cartas coleccionábeis baseado na serie de anime e videoxogos. Os xogadores empregan estrataxemas e usan as fortalezas e os puntos febles das súas cartas para derrotaren ao seu opoñente por knock out. O xogo foi lanzado por primeira vez na Norteamérica por Wizards Of The Coast en 1999. Porén, co lanzamento de Pokémon Rubí e Zafiro para Game Boy Advance, Wizards Of The Coast perdeu a licenza para publicar o xogo e Nintendo e Pokémon USA decidiron producir o xogo pola súa conta.
Manga O manga de Pokémon é un conxunto de historias, algunhas das cales están baseadas nos videoxogos, a serie de anime e os seus filmes.
O manga está publicado unicamente no Xapón por Shogakukan, Estados Unidos por Viz Media e en Singapur e a China por Chuang Yi.
Especies
Os pokémon son unha clase de criaturas baseadas en moitos casos en animais reais ou criaturas míticas e mitolóxicas orientais. Outros inspíranse en cousas inanimadas e lendarias. Son capturados cun aditamento especial chamado Poké Ball (pokebola). Existe unha cantidade aproximada de 1025 pokémon; algúns deles son Pikachu, Mew, Raichu etc.
Véxase tamén Ligazóns externas
En xaponés Pokémon Xapón Pokémon Daisuki Club En inglés Pokémon.com Pokémon Trading Card Game En castelán Pokémon.com Español En portugués Pokémon.com Brasil
Categoría:Pokémon