Halímede (ou en grego Αλιμήδη) é un satélite irregular de Neptuno de movemento retrógrado. Foi descuberto por Matthew J. Holman e o seu equipo o 14 de agosto do 2002.M. Holman, JJ Kavelaars, B. Gladman, T. Grav, W. Fraser, D. Milisavljevic, P. Nicholson, J. Burns, V. Carruba, J.-M. Petit, P. Rousselot, O. Mousis, B. Marsden, R. Jacobson, Discovery of five irregular moons of Neptune, Nature, 430 (2004), pp. 865-867. Final preprint(pdf)
miniatura|esquerda|300px|Satélites irregulares de Neptuno. Halímede é a segunda lúa de Neptuno con máis excentricidade e a terceira con máis inclinación orbital. Isto é ilustrado no diagrama en relación con outros satélites irregulares de Neptuno. Os satélites arriba do eixo horizontal son de movemento directo, e os satélites por debaixo do eixo son retrógrados. Os segmentos amarelos esténdense dende o pericentro ó apocentro, amosando a excentricidade.
Halímede ten ó redor de 62 quilómetros de diámetro (asumindo un albedo de 0,04).S. Sheppard, D. Jewitt e J. Kleyna A Survey for "Normal" Irregular Satellites Around Neptune: Limits to Completeness, The Astronomical Journal, 132 (2006), pp. 171–176. Preprint. e semella ser dunha cor neutral (gris) á luz visible. Tendo unha cor moi semellante á de Nereida, xunto con alta probabilidade (41%) dunha colisión entre ambas lúas ó longo da vida do Sistema Solar, foi suxerido que Halímede podería ser un fragmento de Nereida.T. Grav, M. Holman e W. Fraser Photometry of Irregular Satellites of Uranus and Neptune, The Astrophysical Journal, 613 (2004), pp.L77–L80. Preprint
Halímede, ou Neptuno IX, coma case tódolos satélites exteriores de Neptuno, recibiu un dos nomes das Nereidas, as cinco fillas de Nereus (Nereo) e Doris. Antes do anuncio do seu "bautizo final" que foi o 3 de febreiro do 2007 (IAUC 8802), Halímede tiña a designación provisional de S/2002 N 1.
Notas
Efemérides da UAI Principais parámetros orbitais dos satélites do Sistema Solar no JPL
Véxase tamén
Outros artigos Neptuno
Ligazóns externas Matthew Holman's Neptune's page David Jewitt's pages Neptune's Known Satellites (by Scott S. Sheppard)
Categoría:Lúas de Neptuno