Arvika é un municipio sueco (kommun) do condado de Värmland. Cobre 1 956,11 km² e en decembro de 2024 tiña 25 547 habitantes, dos que uns 14 000 viven na cidade de Arvika, a súa capital. Está situada entre o lago Vänern e Noruega.

A cidade Arvika atópase na beira norte do lago Glafsfjorden, que se conecta co Vänern. A estrada nacional 61 pasa pola cidade, ao igual que a liña de ferrocarril entre Laxå e Charlottenberg-Oslo, coñecida como Värmlandsbanan.

O 85% da superficie do concello está cuberta de bosque. A zona tamén é rica en lagos. A actividade económica do antigo municipio siderúrxico sofreu grandes cambios e a principios da década de 2020 as industrias manufactureras son as maiores empregadoras.

Xeografía O concello de Arvika limita cos municipios de Torsby, Sunne, Kil, Grums, Säffle, Årjäng e Eda en Suecia, e co de Kongsvinger en Noruega.

Historia A dez quilómetros ao oeste da cidade en Bergs Klätt, hai restos de asentamentos da Idade de Pedra e da Idade de Bronce. Arvika mantívose como unha pequena vila, en 1811 deuselle estatuto de cidade co nome de Oscarsstad para dinamizar economicamente a rexión, pero non tivo éxito e os privilexios de cidade foron revogados en 1821, permanecendo como köping (vila) co nome de Arvika, en 1911 outorgóuselle de novo o título de cidade.

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial de Arvika (en sueco, inglés e alemán)

Categoría:Condado de Värmland Categoría:Concellos de Suecia