Nicolás García Pereira (ou García Pereyra), nado en Ferrol en 1900 e finado na mesma cidade o 18 de xullo de 1934El Correo Gallego, 19-7-1934, p. 2., foi un escritor, xornalista e político galego"Unha baixa sensíbel. Homaxe póstumo" por Ramón Villar Ponte in El Pueblo Gallego, 17-8-1934, p. 12..
Traxectoria Matemático e poeta. Como matemático preparou a aspirantes a ingresar na Mariña de Guerra e no Exército. Fundou en San Xoán de Filgueira un equipo de fútbol chamado Libunca. Publicou algúns poemas en Vida Gallega. Foi director de El Gráfico. Presidente do Grupo ferrolán do Partido Galeguista, fundou e dirixiu o periódico Erte..!El Pueblo Gallego, 16-3-1933, p. 13.. miniatura|175px|Nicolás García Pereira, 1932. Obra Nó de saloucos e bágoas, 1920 (poemario). A custureira, 1922 (novela curta). N.º 6 da Colección Céltiga. Brétemas, 1933 (teatro).
Vida persoal Casou en Viveiro con Dolores San Isidro en 1930Vida Gallega, 20-8-1930, p. 45..
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Poetas ferrolanos del ayer Nicolás García Pereira
Categoría:Xornalistas de Ferrol Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1934