O denar (en macedonio: денар, transcrito denar) é a divisa oficial da Macedonia do Norte. Subdivídese en 100 дени (deni). O código ISO 4217 es MKD e a súa abreviatura común Ден (Den).

Historia O goberno macedonio decidiu recuperar para a nova unidade monetaria do país o nome dunha moeda histórica macedonia. O dinar (nome derivado do denario romano) era o nome que recibiron un bo número de moedas dende a Idade Media, como os antigos dinares macedonio, húngaro ou croata.

A moeda introduciuse o 26 de abril de 1992 e naquela época era equivalente ao dinar convertible iugoslavo (YUN). O 5 de maio de 1993 reformouse a moeda, e un novo dinar (MKD) equivalía a 100 dos antigos (MKN). É emitida polo Banco Nacional de Macedonia do Norte (en macedonio: Народна банка на Република Македонија/Narodna Banka na Republika Makedonija).

Moedas As moedas que se atopan en circulación corresponden aos valores seguintes: Imaxe Facial Circula dende Metal Forma Canto Diámetro Peso Anverso Reverso 50 deni 1993 CuZn Circular Liso 21,50 mm 4,10 gr Ave Valor facial 1 dinar 1993 CuNiZn Circular Liso 23,80 mm 5,10 gr Can Valor facial 2 dinares 1993 CuNiZn Circular Liso 25,50 mm 6,20 gr Peixe Valor facial 5 dinares 1992 CuNiZn Circular Liso 27,50 mm 7,20 gr Lince Valor facial 10 dinares 2008 CuNiZn Circular Liso 24,50 mm 6,60 gr Pavo real Valor facial 50 dinares 2008 CuNiZn Circular Liso 26,5 mm | 7,7 mm Arcanxo Imaxe e facial

Billetes Os billetes en circulación oficial (serie de 1996) descríbense a continuación:

10 MKD Tonalidade: violeta e amarelo Anverso: torso da deusa exipcia Isida do século III a.C. Reverso: un mosaico da Basílica de Stobi (século V) simbolizando unha ave do paraíso 50 MKD Tonalidade: ocre e azul Anverso: moeda de cobre do período do emperador Anastasio I e arco da Igrexa de San Panteleimon en Gomo Nerezi, Skopje Reverso: o arcanxo Gabriel nun fresco da Igrexa de San Xurxo en Kurbinovo (lago Prespa) 100 MKD Tonalidade: violeta e marrón Anverso: detalle do rosetón dun teito nunha vivenda típica de Debar Reverso: o gravado "Skopje" do neerlandés Jacobus Harevin visto dende unha xanela típica albanesa 500 MKD Tonalidade: laranxa, vermello e verde oliveira Anverso: máscara de ouro do século VI a.C. achada en Trebenista, Ohrid Reverso: flor de papoula 1000 MKD Tonalidade: marrón e púrpura Anverso: icona da Virxe Episkepsis co neno Xesús (século XIV) na Igrexa de Santa Sofía en Ohrid Reverso: detalle da Igrexa de Santa Sofía en Ohrid

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Banco Nacional de Macedonia do Noret

Macedonia Categoría:Economía de Macedonia do Norte Categoría:ISO 4217