250px|miniatura|Participación de Ramón no festival de Eurovisión 2004Ramón del Castillo Palop, nado nas Palmas de Gran Canaria o 3 de maio de 1985, é un cantante español.

Traxectoria Con 18 anos entrou na academia de Operación Triunfo e quedou clasificado en segunda posición. En 2004 foi seleccionado polos telespectadores do programa para representar a España no Festival de Eurovisión que se celebrou en Istanbul (Turquía) co tema Para llenarme de ti, composto por Kike Santander. Foi o primeiro en actuar e quedou clasificado en 10ª posición de 36 participantes con 87 puntos recibindo as máximas puntuacións de Andorra (12), Portugal (12), Francia (8) e Israel (8). O seu primeiro álbum Es así lanzouse en 2004 con Vale Music, producido polos irmáns Toni e Xasqui Ten e masterizado por Claudio Giussani nos estudos Nautilus de Milán. O álbum debutou no número seis na lista de vendas.

En outubro de 2006 publica Cambio de sentido esta vez con Multitrack Records, o seu novo traballo no que seis dos seus temas son escritos por el mesmo. En 2007 grava unha canción dedicada a un dos seus equipos, o Real Betis pola celebración do centenario do equipo verdibranco. Colaborou como xurado no programa ¡Quiero ser como Pepe! de Tv Canaria. En agosto de 2009 o cantante gravou o himno do equipo de fútbol Unión Deportiva Las Palmas.

Discografía 2004: Es así 2006: Cambio de sentido

Notas

Categoría:Cantantes de España Categoría:Concursantes de Operación Triunfo Categoría:Representantes de España en Eurovisión Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria