Juan Camus, nado en Santander (Cantabria) o 2 de marzo de 1973, é un cantante e participante da primeira edición de Operación Triunfo, en 2001.
Traxectoria Aínda que naceu en Cantabria onde viviu durante os seus primeiros 10 anos, a súa familia trasládase a Madrid e é alí onde comeza a interesarse pola música formando parte da coral da súa escola La Salle e da compañía de teatro de Vicente Araguas. Tras o seu paso pola universidade no Real Colexio Universitario Maria Cristina en San Lorenzo de El Escorial, licénciase en Ciencias Económicas e Empresariais e trasládase a Londres para estudar música. Deuse a coñecer a través do show televisivo Operación Triunfo, para o que compuxo, xunto con Naím Thomas, o single "Mi música es tu voz".
No 2002 seguindo co éxito do programa, publica o seu primeiro álbum Las cosas que nunca te dije. "Mía", tema composto por el, converteuse no seu primeiro single ao que seguiu "Sólo nací para quererte". É no verán do 2003, cando publica o seu segundo álbum Exit con influencias que fusionan os estilos techno e latino. Exit foi producido polo produtor español Luís Carlos Esteban e o seu segundo single "Aquí en tu piel" foi producido por Jacobo Calderón, fillo do produtor Juan Carlos Calderón.
No vídeo do seu primeiro single "Quiero" contou co apoio de Sofía Mazagatos, José Manuel Parada e Lara Dibildos entre outros e no seu segundo vídeo "Aquí en tu piel" contou coa presenza de Teresa Gimpera e Elsa Anka. En xaneiro do 2004, Juan participa no programa Concurso Gran Hermano VIP quedando en segundo lugar. En novembro do 2008, Juan publica o seu terceiro traballo da súa carreira en solitario El milagro de la Navidad editado pola SGAE e Sello Autor e producido por Luís Carlos Esteban. Gravado entre Madrid e Londres no verán do 2008. O primeiro single do álbum é "Una sonrisa y un juguete de Navidad" realizando un vídeo de debuxos animados co mesmo título.
Discografía Álbums de estudio Mi música es tu voz (2001) - Operación Triunfo Las cosas que nunca te dije (2002) Exit (2003) Aquí hay tomate (2004) Alive (2007) El milagro de la Navidad (2008)
Xiras 2002: Xira "OT" (22 concertos) 2003: Xira Las Cosas que nunca te dije (30 concertos) 2003: Xira Exit 1 (11 concertos) 2004: Xira Exit 2 (27 concertos) 2006: Xira en Alemaña (9 concertos) 2007: Xira en Austria e Suíza (12 concertos)
Filmografía Cine de Barrio, 2003 Una altra cosa, 2003 OT: La Película, 2002 Ala...Dina! (TVE), 2002
Publicidade 2002- Campaña de publicidade de Nadal de El Corte Inglés
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Páxina oficial Páxina oficial Ficha en IMDb
Categoría:Cantantes de Cantabria Juan Camus Categoría:Nados en Laredo Categoría:Nados en 1973