miniatura|page=7|Diccionario gallego-castellano, 1913. O Diccionario gallego-castellano é un dicionario bilingüe galego castelán de 12.463 voces coas definicións en castelán publicado pola Real Academia Galega en fascículos entre 1913 e 1928 sen se completar, chegando tan só ata a palabra cativo.
Elaboración O dicionario elaborouno César Vaamonde Lores, cun criterio de autoridade, constituíndo o primeiro dicionario galego que se preocupou pola modernización da lingua e non só por recoller formas usadas. Publicáronse 26 fascículos de 16 páxinas cada un, interrompéndose no número 27 por falta de fondos e por disensións internas no seo da RAG, malia que houbo iniciativas para continualo e mesmo en 1956 (1999): "The First Galician Academic Dictionary and his Theoretical Blackground" en History of Linguistics 1996:Seventh International Conference on the History of the Language Sciences. Volume 2, John Benjamins Publishing Company, páxina 344 chegou a se anunciar a publicación dun novo fascículo que nunca saíu do prelo. O dicionario tiña eivas notables, así case a totalidade das entradas e dos exemplos do galego antigo baséanse en edicións defectuosasSantamarina. A. (2006): "Los diccionarios gallegos y su versión electrónica" en Germà Colón e Lluís Gimeno (eds.) Els noms i els conceptes: noves tendències en l'estudi del lèxic. Universitat Jaume I, páxina 199. e a súa estrutura proviña do Diccionario de la Lengua Castellana da Real Academia EspañolaFernández Salgado, B. (2000): "Os rudimentos da lingüística galega: un estudio de textos lingüísticos galegos de principios do século XX, 1913-1936". Verba. Anexo 47. Universidade de Santiago de Compostela, páxina 265., aínda que se tivo en conta tamén o Grande Diccionário Portuguéz de Domingos Vieira. Notas
Categoría:Dicionarios bilingües galegos Categoría:1913 en Galicia Categoría:Real Academia Galega