Xosé María Gómez Vilabella, nado en Castroverde en 1930, é un escritor galego.
Traxectoria Foi mestre de ferrado dous anos e tamén zoqueiro. Traballou como mecanógrafo no Consello Supremo de Xustiza Militar. En 1956 foi nomeado director da sucursal do Banco Exterior de España en Sidi Ifni. Incorporado ao "Batallón da gabardina" como somatenista, participou na defensa do Banco na guerra de 1957/58 e foi condecorado polo Exército. Despois traballou no Banco Exterior no Aaiún, Xixón e A Coruña, onde se retirou. Colaborou en El Progreso e La Comarca del Eo.
Obra Castroverde. Bosquejo histórico-geográfico, 1951. Cacería de ciclóstomos en Ifni, 1991 (novela). ¿Pódese pasar?, 1991 (novela).
Historias intra da bisbarra, 1992 (relatos). As feiras de Castroverde, 2007. Castroverde na historia e no presente, 2008.
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en galegos.info Blog de Xosé María Gómez Vilabella outro blog en galego
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Castroverde Categoría:Nados en 1930 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes