miniatura|dereita|200px|Retrato de Paul Saïn.

Frédéric Mistral, nado en Maillane (Provenza) o 8 de setembro de 1830 e finado o 25 de marzo de 1914, foi un escritor e lexicógrafo francés en lingua occitana, membro fundador do Félibrige, membro da Academia de Marsella e Premio Nobel de literatura en 1904.

Traxectoria Foi fillo dunha familia acomodada (François Mistral e Adélaide Poulinet), polos cales emparentaba coas máis antigas familias da Provenza: Cruvelier, Expilly, Roux ou Ruffo di Calabria, moi estreitamente vinculadas entre elas mesmas; marqueses de Aurel. Non foi á escola ata os nove anos de idade.

Logo de acabar o bacharelato en Nîmes, estuda Dereito en Aix-en-Provence entre 1848 e 1851, facéndose entón o cantor da independencia da Provenza e ante todo do provenzal «primeira lingua literaria da Europa civilizada». No transcurso dos estudos de Dereito contacta coa historia do seu país, antigo Estado independente. Emancipado polo seu pai, toma daquela o acordo: «de erguer, de reavivar en Provenza o sentimento de raza (...); de promover este renacemento a prol da restauración da lingua natural e histórica do país (...); de pór de moda o provenzal polo alento e o lume da divina poesía». Para Mistral, a palabra raza designa un «pobo unido pola lingua, enraizado nun país e nunha historia».

Mistral recibe o Premio Nobel de Literatura en 1904 conxuntamente con José Echegaray. Destinará o montante do premio a creación do Museon Arlaten en Arles. Recibe o galardón:

Casou con Marie-Louise Rivière, muller borgoñesa, mais non tiveron descendencia.

Félibrige De volta a Maillane, Mistral alíase co poeta Roumanille, co cal organiza o renacemento da lingua provenzal. Fundan entón con outros cinco poetas provenzais o Félibrige, que permitiría con forza promover a lingua de Oc. Posto baixo o patrocinio de santa Estela, o movemento acollerá a poetas cataláns expulsados de España por Isabel II.

Os sete "primadié", fundadores do félibrige foran: Jóusè Roumaniho, Frederi Mistral, Teoudor Aubanèl, Ansèume Matiéu, Jouan Brunet, Adòufe Tavan e Pau Giera. O Felibrige é aínda hoxe unha das principais organizacións culturais en País de Oc. Tamén é das poucas presentes nos 36 departamentos de lingua occitana.

Coa súa obra, Mistral rehabilita a lingua provenzal conducíndoa ás máis elevadas cimas da poesía épica : a calidade da obra será consagrada con diversas distincións. Botase nun traballo de monxe para facer un dicionario e como trobador, escribe textos de cancións.

Lexicografía : Lou Tresor dóu Felibrige Mistral é o autor de Lou Tresor dóu Felibrige (1878-1886), que permanece aínda hoxe como o dicionario máis caudaloso da lingua occitana, e un dos máis fiables pola precisión das acepcións. É un dicionario bilingüe occitano-francés, en dous grandes volumes, englobando o conxunto dos dialectos de Oc, mais con grafía mistraliana.

Mirèio A súa obra mestra é Mirèio (Mireille en francés), publicada en 1859 despois de oito anos de esforzo creador. Mirèio conta os amores de Vincent et Mireille, unha fermosa provenzal. O poema inspirará a Charles Gounod unha ópera en 1863. Mistral acha aquí a ocasión de propor a súa lingua, mais tamén de facer participar na cultura dun país ao falar especialmente de Saintes Maries de la Mer.

Obras Mirèio (1859) Calendau (1867) Lis isclo d’or (1875) Nerto, novela (1884) La rèino Jano, drama (1890) Lou pouemo dóu Rose (1897) Moun espelido, Memòri e Raconte, memorias (1906) Discours e dicho (1906) La genèsi, traducho en prouvençau (1910) Lis óulivado (1912) Lou tresor dóu felibrige (1878-1886), dicionario provenzal-francés Proso d’Armana (póstumo) (1926, 1927, 1930) Coupo Santo (1867)

Véxase tamén

Categoría:Escritores en lingua occitana Categoría:Escritores de Francia Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Nados no departamento de Bocas do Ródano Categoría:Nados en 1830 Categoría:Finados en 1914 Categoría:Premios Nobel de Francia