O Viño da Terra de Betanzos é unha Indicación Xeográfica Protexida galega empregada para designar os viños de mesa orixinarios da zona vitícola de Betanzos. Comprende os concellos de Bergondo, Betanzos, Coirós, Miño e Paderne, e algunhas parroquias dos de AbegondoNo caso de Abegondo inclúense as parroquias de Abegondo, Cabanas, Cerneda, Cos, Cullergondo, Leiro, Limiñón, Mabegondo, Meangos, Montouto, Presedo, Sarandóns, Vilacova e Viós, Oza CesurasNo caso de Oza Cesuras inclúense as parroquias de Bandoxa, Cis, Cuíña, Mondoi, Oza, Porzomillos, Reboredo, Salto e Vivente e SadaNo caso de Sada inclúense as parroquias Osedo e Soñeiro..

Esta indicación xeográfica foi regulamentada en 2000, constituíndo unha entidade para a comarca vitivinícola recoñecida e que está máis ao norte da comunidade galega. Esta indicación pretende recuperar o prestixio do viño dunha zona historicamente vitivinícola desde o medievo.

Historia miniatura|Porto de Betanzos, Adegueiro. Betanzos foi terra de alta produción de viño desde o medievo, cando menos desde o século XVI. Nese século están documentadas ordenanzas de regulación da produción e os tempos de vendima. Algúns textos recollen como se traballaban as viñas en Betanzos, ou Bergondo, e se contrataban xornaleiros para iso, e mesmo como se exportaba a América. Xa entón era unha das principais mercadorías no porto da cidade.

O seu cultivo estivo a piques de desaparecer por varias pragas no século XIX. A tradición na produción e comercialización de viño en Betanzos continuou como viño de mesa en empresas como Coes que tivo aceptación comercial ata xurdir o viño con denominacións de orixe e comercializado con marcas. Actualmente o viño de Betanzos é un viño lixeiro, froiteiro e de pouca gradación. Prodúcese en variedade branca e tinta. A tradición é tomalo nos loureiros, son adegas de particulares sinaladas cunha rama de loureiro na porta. O consumo e venda deste viño está concentrada na zona e non é doado atopalo á venda xa que está centrada a produción no autoconsumo.

Viños e variedades de uva Nesta indicación prodúcense viños brancos, tintos e monovarietais. As variedades de uva que levan este viño, en cando menos un 60% son: Variedades brancas: agudelo, branco lexítimo, godello e palomino. Variedades tintas: brancellao, gran negro, garnacha tintureira, mencía e merenzao.

Adegas En 2017 a extensión das viñas desta variedade ocupaban unhas 9.75 ha. nas que se 6 viticultores producíron 16 toneladas de uvas e 5 mil litros de viño. Algunhas das adegas que producen, ou que o produciron deste viño, son as Adegas Beade, Adegas Lorenzo Bescansa, Bodegas Eladio, Bodegas Rilo, Codeseira, Ladeiras de Paderne, Ribeiras de Armea ou Viña Ártabra.

Galería

Notas

Véxase tamén Outros artigos Viños de Galicia Viño da Terra

Ligazóns externas Minsterio de Agricultura, Pesca e alimentación, Indicación Xeográfica Protexida "Betanzos" Disposición da Xunta

Categoría:Viños de Galicia Categoría:Denominacións de Orixe de Galicia Categoría:Viños con denominación de orixe