O Viño da Terra Val do Miño-Ourense é unha indicación xeográfica empregada para designar os viños de mesa orixinarios da zona vitícola do val do Miño, que abrangue os concellos de: Pereiro de Aguiar, Coles, Ourense, Barbadás, Toén e San Cibrao das Viñas, situados na provincia de Ourense, Galicia.
Esta indicación xeográfica foi regulamentada en 2001.
Variedades de uva Tintas: Mencía, Caiño, Mouratón, Sousón, Cabernet Franc, Garnacha Tintorera e Brancellao. Brancas: Palomino, Treixadura, Torrontés, Albariño, Loureiro, Riesling, Dona Branca e Godello.
Véxase tamén Viños de España Viño da Terra
Notas Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación: Disposicións regulamentarias dos viños da Terra de España, 28/01/2009
Categoría:Viños de Galicia Categoría:Denominacións de Orixe de Galicia Categoría:Viños con denominación de orixe