O Elche Club de Fútbol, S.A.D. (en valenciano: Elx Club de Futbol) é un club de fútbol español con sede social na cidade de Elx (Alacant). Foi fundado en 1923 e compite na Segunda División. O seu terreo de xogo é o Estadio Martínez Valero, con capacidade para 31.388 espectadores.
Historia O Elche Football Club foi fundado en 1923, coa unión de varios clubs da cidade, entre eles o Illice, o Sporting e o Gimnástica de Elche. Na tempada 1958–59 logra o seu primeiro ascenso a 1ª División, manténdose nesta categoría durante doce tempadas consecutivas. O seu maior éxito conségueo na tempada 1968–69 cando accede á final da Copa do Xeneralísimo, (actual Copa do Rei), proclamándose subcampión contra o Athletic Club.
Uniforme Primeiro equipamento: Camiseta branca cunha franxa horizontal verde, pantalón branco e medias brancas. Segundo equipamento: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.
Estadio
O Estadio Martínez Valero, foi inaugurado o 8 de setembro de 1976, substituíndo ao antigo campo de Altabix (1926). Obra do arquitecto Juan Boix Matarredona, é na actualidade o maior recinto deportivo da provincia de Alacant. Conta cun aforamento de 41.000 localidades, divididas en dúas gradarías. Ten unha altura de 18 metros e un peso de 100 millóns de quilos. O terreo de xogo ten unhas dimensións de 108 metros de longo por 70 de ancho, e o aparcadoiro pode albergar 2.184 vehículos. O Martínez Valero dispón dun sistema de vixilancia por cámaras, unha rede de altofalantes e dous videomarcadores, situados nos aneis norte e sur do estadio.
miniatura|centro|600px|Estadio Martínez Valero en Elx.
O partido inaugural foi Elche C.F. - Selección de México, onde empataron a tres. Os goles do Elche C.F nese partido conseguíronos Finarolli, Orellana e Gómez Voglino. Ademais, nel xogouse a final da Copa do Rei da tempada 2002/03. Formou parte dos estadios onde levaron a cabo os partidos da Copa Mundial de Fútbol de 1982.
O Elche Club de Fútbol dispuxo doutros estadios, como o El Clot, El Cementerio, Stadium de Elche (Campo de Don Jeremías) e do Altabix.
Datos do club miniatura|300px|Visión do Martínez Valero nun partido do trofeo Festa d'Elx entre o Elche CF e o FC Barcelona en 2003.
Tempadas en 1ª: 22 (Incluída a 2020/21) Mellor posto: 5º (tempada 1963-64) Tempadas en 2ª: 37 Mellor posto: 1º (tempadas 1958-59 e 2012-13) Tempadas en 2ªB: 7 Mellor posto: 2º (tempada 1996-97) Tempadas en 3ª: 19 Mellor posto: 1º (tempada 1957-58) Posto na Clasificación histórica de Primeira división: 23º
Denominacións Elche Football Club (1923–1939) Elche Club de Fútbol (1939–1997) Elche Club de Fútbol Sociedad Anónima Deportiva (Desde 1997)
Xogadores Categoría principal: Xogadores do Elche CF. Cadro actual Datos do 31 de xaneiro de 2014
12px|Capitán
Cedidos
Palmarés Torneos nacionais Segunda División (2): 1958−59, 2012−13 Terceira División (7): 1940−41, 1943−44, 1944−45, 1947−48, 1954−55, 1956−57, 1957−58 Subcampión da Copa do Xeneralísimo (1): 1968−69 Subcampión da Copa RFEF (1): 1999−00 Subcampión da Segunda División (2): 1972−73, 1987−88 Subcampión da Segunda División B (1): 1996−97 Subcampión da Terceira División (6): 1929−30, 1932−33, 1933−34, 1945−46, 1946−47, 1948−49
Torneos amigables Trofeo Festa d'Elx (25): 1961, 1962, 1963, 1965, 1968, 1972, 1973, 1976, 1977, 1978, 1980, 1981, 1982, 1987, 1988, 1992, 1993, 1994, 1996, 1997, 2005, 2006, 2009 Trofeo Carabela de Plata (2): 1999, 2007 Trofeo Ciudad de Alcoy (1): 2008 Trofeo Puma (1): 2009 Trofeo Concepción Arenal (1): 1978
Distincións especiais Trofeo AntuerpenTrofeo "ó club que máis e mellor coida e promociona a súa canteira". (1): 1966-67
Filial
O Elche Ilicitano é o equipo filial do Elche Club de Fútbol, chamado nas súas orixes Club Deportivo Ilicitano. Fundouse en 1932 coa intención de servir como canteira para o primeiro equipo. Actualmente milita no grupo IV da Rexional Preferente da Comunidade Valenciana. Na década de 1960 chegou a xogar en 2ª división.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial do Elche Fundación do Elche Web do fútbol base de Elche