A Sociedad Deportiva Huesca é un club de fútbol de España, da cidade de Huesca en Aragón. Foi fundado en 1960 e milita na Segunda División Españolahttps://www.heraldo.es/multimedia/videos/deportes/futbol/la-sd-huesca-no-pasa-del-empate-con-el-valencia-y-regresa-a-segunda-division-0-0/. Na actualidade ten 4.100 socios. Debido á limitada capacidade do seu estadio, El Alcoraz, non é posible a admisión de novos socios polo momento. Espérase a presentación do proxecto do novo estadio proximamente.
Uniforme Viste a marca deportiva zaragozana Bemiser, que tamén viste ao CD Castellón.
Uniforme titular: Camiseta azulgrana a franxas horizontais, pantalón azul e medias azuis. Uniforme alternativo: Camiseta coa cruz de San Xurxo, pantalón vermello e medias brancas. Terceiro uniforme: Camiseta azul celeste, pantalón azul celeste e medias azuis celestes.
Estadio
250px|dereita|miniatura|El Alcoraz. Durante a tempada 1971-1972 decidiuse construír un novo campo de fútbol para o Huesca e sería o terceiro campo do equipo situado no cerro de San Jorge. No estadio de El Alcoraz celebráronse partidos moi importantes, como a final da Copa de España de Afeccionados de 1974.
Na actualidade o estadio de El Alcoraz ten unha capacidade de 5.000 persoas e ultimamente fóronse renovando algunhas partes tras lograr o ascenso a Segunda.
O campo de adestramento é a Cidade Deportiva San Jorge, cunhas dimensións de 100 x 64 m de céspede artificial.
Datos do club Tempadas en 1ª: 2 Tempadas en 2ª: 10 (incluída a 2021/22) Tempadas en 2ªB: 16 Tempadas en 3ª: 30 Maior goleada conseguida: En casa: SD Huesca 11-0 Hernán Cortes CF (1994/95) Fora: AD Sabiñánigo 0-10 SD Huesca (1993/94) Mellor posto na liga: 19º (1ª División, tempada 2018-19) Peor posto na liga: 15º (2ª División, tempada 1952-53)
Palmarés Segunda División de España (1): 2019-20 Terceira División de España (8): 1947-48, 1949-50, 1966-67, 1967-68, 1984-85, 1989-90, 1992-93, 1993-94 Subcampión da Segunda División (1): 2017-18 Subcampión da Segunda División B (2): 2006-07, 2007-08 Subcampión da Terceira División (8): 1953-54, 1962-63, 1964-65, 1975-76, 1985-86, 1994-95, 1999-00, 2002-03 Copa Federación Rexional (2): 1993 , 2005 Copa Rexional de Afeccionados (1): 1974 Copa Nacional de Afeccionados (1): 1974
Torneos amigables Trofeo Ciutat de Lleida (1): 2010 Memorial Carlos Lapetra (1): 2010
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial Web non oficial Web Huesca Fans
Categoría:SD Huesca