Os Carunchos é un grupo de musical tradicional galega creado no ano 1994 na cidade de Vigo.

Historia O grupo creouse a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados da tradición oral co repertorio de gaiteiros solistas. En 1998 gravaron o seu primeiro CD, ¡Ala, que vai!, editado por Edicións do Cumio. O disco é un resumo dos seus primeiros catro anos de actividade, con cantigas e melodías de nova composición, mesturados con antigos romances e pezas populares.

En 2002 gravaron o seu segundo traballo, Sen tempo non era, editado por Zouma Records. Inclúe novos instrumentos no son do grupo, como óboe, a frauta traveseira e máis a requinta. Continúan a empregar letras doutros autores e compoñen algunhas das melodías. En 2005 gravaron o terceiro disco, Montealegre. Nel aparecen novos instrumentos, e temas tanto tradicionais como de diversos compositores de Galicia.

En 2009 publicaron En Galego, unha escolma de temas de diversa orixe, temas da tradición popular galega e portuguesa, de repertorio de gaiteiros galegos e coros tradicionais, e temas compostos por autores galegos ou membros do grupo con contidos reivindicativos na defensa da lingua galega. En 2013 publicaron Ti Que?, no que predominan as melodías propias e letras reivindicativas.

A comezos de 2017 publicaron Cantares, con letras de personalidades da poesía clásicos, como Rosalía de Castro, e contemporáneos, como Manolo Pipas.

Participaron en diversos festivais canda a outros grupos de música galega como Na Lúa, Leilía, Berrogüetto, Os Cempés, Treixadura, Ardentía, Chouteira ou Luar na Lubre.

Discografía ¡Ala, que vai! (1998) Sen tempo non era (2002) Montealegre (2005) En Galego (2009) Ti Que? (2013) Cantares (2016) Lingua de xigantes (2021)

Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Música de Galicia sen imaxes Categoría:Grupos galegos de música tradicional