O oito (8) é o cardinal posterior ao sete e anterior ao nove. É o quinto número par, sendo o anterior o seis e o seguinte o dez. Trátase do primeiro número cúbico.

Etimoloxía Procede do latín octo. A forma neolóxica dá lugar a numerosas palabras como octaédrico, octaedro, octanaxe, octano, octante, octaviano, octeto, octocoraliarios, octogonal, octógono, octópodos, octosilábico, octosílabo, octoxenario, octoxésimo e óctuplo. A forma patrimonial dá lugar a numerosas palabras como oitava, oitavado, oitavar, oitavino, oitavo, oitenta, oitentón, oitocentista e oitocentos.

Evolución da grafía O oito é 8 en algarismo arábico e VIII en algarismo romano.

Familia léxica Octoxenario: persoa de oitenta a oitenta e nove anos. Octoxésimo: ordinal e partitivo de oitenta (80º e 1/80). Óctuplo: múltiplo de oito, oito veces maior. Oitavo: ordinal e partitivo de oito (8º e 1/8). Oitenta: dez veces oito (80). Oitentón: persoa de idade aproximada de oitenta a oitenta e nove anos. Oitocentos: cen veces oito (800).

Unidades de medida miniatura|200px|dereita|Indicadores en millas da estrada I-295 north en Rhode Island No sistema anglosaxón de medicións: hai 8 onzas nunha cunca 8 pintas nun galón 8 furlongs nunha milla aproximadamente 8 chiscos nunha culleriña

Xeometría O octaedro é un volume de oito faces planas. O octógono é unha figura plana de oito bordos e oito vértices. Un obxecto oitavado ten oito bordos ou faces.

Literatura miniatura|Divino sainete de Curros, publicado en 1888. Jenaro Marinhas del Valle (1952) A serpe: conto de monifates en oito diálogos, acotacións e coros. Jorge de Sena (1979) Sobre esta praia: oito meditações á beira do Pacífico. Katherine Neville (1990) The Eight. Manuel Curros Enríquez (1888) O divino sainete: poema en oito cantos.

Maxia O cadro máxico de Mercurio ten oito casas. Empréganse oito candeas brancas para os rituais de protección xeral.

Xeografía miniatura|200px|Bandeira de Andalucía. Andalucía está formada por oito provincias: Almería, Cádiz, Córdoba, Granada, Huelva, Málaga, Sevilla e Xaén. O Grupo dos Oito (G8) agrupa aos sete países máis industrializados do mundo e máis a Rusia. O portugués é lingua oficial de oito países: Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, San Tomé e Príncipe e Timor Leste.

Literatura Un verso de arte menor é aquel con oito ou menos sílabas. Un verso de arte maior é aquel máis de oito sílabas. Unha oitava ou unha copla de arte maior teñen oito versos. Un verso de oito sílabas é un octosílabo.

Música

Número de notas dunha oitava. A ocarina é un pequeno instrumento de vento, feito de cerámica, sen chaves e xeralmente con oito orificios para os dedos. Un grupo de oito músicos é un octeto. Un oitavino é unha frautiña coa escala nunha oitava para cima dos sons correspondentes á frauta.

Historia miniatura|200px|Henrique VIII, rei de Inglaterra (1491–1547). Compartiron o refuxio con outras catro persoas, en total eran oito os ocupantes da “Casa de Atrás” con Anne Frank. Oito reis de Inglaterra chamáronse Henrique. Xoán IV Láscaris tiña só oito anos cando foi nomeado emperador do Imperio de Nicea en 1258, á morte do seu pai Teodoro II Láscaris. Oitocentista é o relativo ao anos mil oitocentos (século XIX).

Deporte No xadrez, cada lado ten oito casas. Oito son os equipos que chegan aos cuartos de final dunha competición. 16 os que chegan aos oitavos de final.

Relixión Budismo Unha roda con oito radios é o símbolo do Budismo.

Celtismo Son oito as festividades solares anuais: Samhain: 1 de novembro Yule (Solsticio de inverno): 23 de decembro Ymbolg: 1 de febreiro Ostara (Equinoccio de primavera): 21 de marzo Beltayne: 1 de maio Randaghâdh (Solsticio de verán): 21 de xuño Lughnassâdh: 1 de agosto Mabon (Equinoccio de outono): 22 de setembro

Cristianismo miniatura|200px|Biblia pauperum. O oito é amentado 80 veces na Biblia. Cando a terra foi cuberta polo Diluvio, Noé foi o "oitavo" en baixar a terra co fin de iniciar unha nova orde de cousas. O oito representa o primeiro dun novo período, a resurrección. A Biblia contén o rexistro de oito resurreccións individuais, ademais de Cristo e dos santos. Oito papas con nome de Alexandre. Oito santos Simión.

Ioga Oito son os pasos da disciplina do ioga Pantajali.

Masonería Oito principios fundamentais da masonería regular.

Xudaísmo miniatura|200px|dereita| Kipá e menorá (Colección de Harry S. Truman) Aos oito días de nacer, realízase a circuncisión aos nenos xudeus. Tradicionalmente sostense que a gran menorá (candelabro) do Templo de Xerusalén estivo aceso durante oito días, a pesar de que non había aceite dabondo para que isto sucedese.

I-Ching Os oito trigramas do I-Ching son: Ch'ien: o creativo: o ceo. Chen: o sucitativo: o trono. K'an: o abismal: a auga. Ken: o aquietamento: a montaña. K'un: o receptivo: a terra. Sun: o suave: o vento. Li: o adherente: a chama. Tui: o sereno: o lago.

Natureza miniatura|200px|Polbo Galego. Os polbos son moluscos mariños da clase Cephalopoda e da orde Octopoda, que significa oito pés. É o número atómico do osíxeno. É o número de patas dos arácnidos. Un gas nobre ten oito electróns no seu último nivel de enerxía. Hidrocarburo saturado, molécula de oito átomos de carbono, que forma parte da mestura constituínte das gasolinas. A octanaxe é a escala que mide a resistencia que presenta un combustible para detonar prematuramente cando se comprime dentro do cilindro dun motor. Un octante é un instrumento astronómico de medida cun sector que comprende a oitava parte do círculo (45°).

Véxase tamén

Outros artigos Número Número enteiro Número cardinal

Bibliografía Blaschke, J. (2006) Enciclopedia de las creencias y religiones. Barcelona: Ed. Robinbook. Chen, C. (2005) El número 8, en Revista Aguas Vivas, nº 32, marzo- abril. Libau, K. (2003) Numerología: Guía práctica. México: Selector.

Categoría:Números enteiros