A Unió Esportiva Santboiana (tamén coñecida como UES ou Santboiana) é un club deportivo de rugby catalán da cidade de Sant Boi de Llobregat, na provincia de Barcelona. Fundado en 1921, ten a honra de ser o club decano do rugby español. O primeiro equipo compite na División de Honra, a máxima categoría da liga española de rugby, na que saíu campión en 7 ocasións, ocupando o terceiro posto no palmarés histórico do torneo só por detrás do CD Arquitectura madrileño, que gañou 9 ligas, e do CR El Salvador pucelano, que gañou 8. O equipo xoga os seus encontros como local no Estadi Baldiri Aleu, así chamado como homenaxe ó fundador do club. As súas bancadas contan con 1.350 asentos.El camp (i la seva història)

Historia Primeiros anos A Unió Esportiva Santboiana foi o fundada o 4 de xullo de 1921, sendo o primeiro club de rugby que existía en España. O seu fundador foi Baldiri Aleu Torras, quen tivera a oportunidade de aprender a xogar a este deporte mentres estudaba veterinaria na cidade francesa de Tolosa. En xuño dese mesmo ano tivera a iniciativa de organizar un encontro amigable no estadio do RCD Espanyol entre dous dos equipos máis fortes de Francia, o RC Narbonne e o USAP Perpignan, en beneficio das vítimas da primeira guerra mundial.Història i Palmarès O club naceu o mes seguinte a raíz daquel evento.

O equipo disputou o primeiro torneo de rugby celebrado en España o 30 de abril de 1922, chamado Copa Real Sociedad Carreras de Caballos.Baldiri Aleu en Zona Rugby Os seus rivais foron CN Athletic, CN Barcelona e CE Cataluña, que naceran en meses posteriores á fundación da UES. Os encontros disputáronse no Hipódromo de Barcelona, e o vencedor final foi a Santboiana. Poucos tempo despois naceu a Federación Catalá de Rugby (1922), que organizou a primeira edición do Campionato de Catalunya (tempada 1922/23) na que tamén participou a UES, saíndo campioa. Eran os primeiros tempos do rugby en Cataluña, e tamén no resto do país. En 1923 fundouse a Federación Madrileña de Rugby, e en 1926 naceu o Campionato de España (actual Copa do Rei). O primeiro campión deste novo torneo nacional foi a sección de rugby do FC Barcelona, que fora fundada en 1924. A UE Santboiana fíxose por primeira vez con este título en 1931 e 1933, coincidindo cos seus seguintes títulos de Cataluña.

Foi a finais dos anos 20 cando naceu a selección de rugby de España, que debutou oficialmente o 19 de maio de 1929 vencendo a Italia por 9 a 0 nun encontro amigable. Aquela selección estaba composta principalmente por xogadores cataláns, sobre todo da UES e do FCB, os dous equipos de referencia naqueles anos.Por seguir con los orígenes Resultados da UE Santboiana antes da Guerra Civil Categoría363534333231302928272625242322Campionato de España C C Campionato de Catalunya CCC C CC

Trala Guerra Civil Tralo parón en tódalas competicións deportivas durante a Guerra Civil Española, o club tivo que reemprender a marcha enfrontándose á necesidade de atopar un novo campo no que xogar os seus encontros como local. Construíuse un novo campo de rugby, con túnel de vestiarios, e rodeado por unha pista de atletismo de 400 metros. En 1948, cando o club ía comezar a construción tamén dunha piscina e unha pista polideportiva, o exército fíxose coas instalacións, e obrigou á UE Santboiana a que atopase un novo fogar para a práctica das súas actividades deportivas. As negociacións co concello deron como resultado unha permuta dos terreos por outros da mesma superficie, sitos na actual localización do Estadi Baldiri Aleu. Levouse a cabo a construción do novo estadio, rodeado de novo por unha pista de atletismo, que daquela foi a única regulamentaria para competicións internacionais en todo o territorio español.

Entre tanto o equipo de rugby pasou por unha mala xeira de resultados durante a primeira metade da década dos anos 50. En 1953 a Federación Española de Rugby organizou a primeira edición dunha Liga española de rugby, que contou con 4 equipos, sendo a UE Santboiana un deles. O campión foi o FC Barcelona, mentres que a UES rematou en 3ª posición. Na edición de 1954 a Santboiana non participou no torneo, que desapareceu despois desas dúas tempadas. Malia todo, na segunda metade dos anos 50, a UES comezou unha das etapas máis laureadas da historia do club, que durou uns 10 anos, entre 1956 e 1967. Nese tempo a Santboiana disputou 9 finais do Campionato de España, gañando 5 delas, ademais de gañar 8 Campionatos de Cataluña.

Resultados da UE Santboiana entre a Guerra Civil e o nacemento da actual Liga Española de Rugby Categoría6968676665646362616059585756555453525150494847464544434241Campionato de España F FFCCCCC F FC C Campionato de Catalunya C CCCCCC C CCC

Antes do nacemento do actual Campionato Nacional de Liga, denominado División de Honra, o rugby nacional estivera caracterizado principalmente pola rivalidade deportiva entre a UE Santboiana e o FC Barcelona. En resumidas contas, até 1969, os dous clubs da provincia de Barcelona gañaran: FC Barcelona: 14 Campionatos de España, 19 Campionatos de Cataluña, 2 Campionatos de Liga UE Santboiana: 9 Campionatos de España, 16 Campionatos de Cataluña Entre os dous equipos tiñan acadado 23 dos 36 Campionatos de España. Os seguintes equipos nese palmarés nacional tiñan só 2 títulos. Ademais tiñan acadado 35 dos 44 Campionatos de Cataluña. O seguinte equipo nese palmarés catalán tiña só 4 títulos. Esa hexemonía mudou co nacemento do novo torneo nacional de liga.

Nace a Liga Española A Santboiana non estivo presente na primeira edición da actual División de Honra, pero si na segunda, a 1970-71. Dende entón até a 2011-12, a UES leva 42 tempadas consecutivas disputando a máxima competición do rugby nacional, feito único no que se distingue do resto de clubs españois, xa que os seguintes equipos con máis presenzas na máxima categoría da liga non suman máis de 31 edicións.Historial competiciones de clubes

Tempadas completadas na División de Honra Con 51 tempadas: UE Santboiana Con 37 tempadas: CR Cisneros Con 36 tempadas: CR El Salvador e CRC Pozuelo Con 34 tempadas: Getxo RT Con 32 tempadas: VRAC Con 29 tempadas: CD Arquitectura e CR Ciencias Con 23 tempadas: FC Barcelona Con 22 tempadas: RC Valencia Outros. O nacemento desta competición rematou coa hexemonía de FCB e UES no rugby español, abríndolle as portas á entrada en xogo de equipos do resto do país, con especial éxito no caso dos equipos de Madrid e Valladolid, e en menor medida os de Euskadi, Valencia e Sevilla. Malia todo, a Santboiana acadou 7 títulos de liga (nos anos 1984, 1987, 1989, 1996, 1997, 2005 e 2006) colocándose no 2º posto do palmarés da liga, igualado co CR El Salvador que tamén ten 7 ligas, e só por detrás do CD Arquitectura que gañou 9.

A única presenza da UE Santboiana en competicións europeas oficiais tivo lugar na edición 2003-04 da European Shield, na que o equipo caeu eliminado polo Rugby Leonessa 1928 en cuartos de final despois de ter eliminado ó histórico L'Aquila Rugby italiano en oitavos.European Shield 2003/04 Aquela foi a primeira ocasión na que un equipo de rugby español disputaba os cuartos de final de calquera competición europea.

Con respecto ó estadio, o club levou a cabo unha primeira remodelación das súas instalacións en 1971, instalando un alumeado moderno, uns novos vestiarios, un frontón e varias pistas de tenis. En 2004 comezou outra modernización das instalacións coa colaboración do concello, eliminando a pista de atletismo para construír unhas modernas bancadas con asentos de plástico, un novo edificio social, unha nova piscina cuberta e outra descuberta, así como varias pistas de padel e un campo de fútbol sala.

En 2009 naceu un novo proxecto de rugby profesional en España, a Liga Superibérica (ou SIR), que naceu con 6 franquías, unha delas construída sobre a base dos xogadores da UE Santboiana, co apoio doutros equipos máis cativos de Cataluña. O nome da franquía foi Catalunya Blaus Almogàvers, e na primeira e única edición da SIR rematou en 4ª posición. Non houbo máis edicións.

Na tempada 2011-12 o club recibiu o patrocinio da marca automobilística SEAT, asegurándose unha situación boa no contexto da crise económica, o cal lle fixo posible asinar a Ryan Le Roux, o máximo anotador de ensaios da liga nas anteriores 3 tempadas. Resultados da UE Santboiana dende a creación da Liga Española de Rugby Categoría2013121110 09 080706050403020100999897969594939291908988878685848382818079787776757473727170División de Honra 2376583114548322115652551212713xxxx76567534 Copa do Rei F F C FC Copa de Catalunya C CCC CCCC C C C F

Tempada actual

Dirixentes Dende 2022 a presidenta da Santboiana é Aurora Bravo. O primeiro presidente da entidade foi o seu fundador, Baldiri Aleu, cuxo nome levan o campo de rugby e o complexo deportivo.

Michel Reynard Buisserin, enxeñeiro francés que colaborou con Baldiri Aleu na fundación do club, e que foi membro da Santboiana até o comezo da segunda guerra mundial, morreu no Campo de Buchenwald en 1944. No 50º aniversario da Santboiana (1971) Reynard foi elixido a título póstumo presidente de honra do club.

Patrocinadores SEAT (2010-2015) Estrella Damm (2015- )

Palmarés Categoría sénior

Liga Española de rugby: 8 títulos. 1ª posición: 1983/84, 1986/87, 1988/89, 1995/96, 1996/97, 2004/05, 2005/06, 2021/22 2ª posición: 1985/86, 1987/88, 1991/92, 1997/98, 1998/99, 2012/13, 2014/15 3ª posición: 1952/53, 1971/72, 1982/83, 1999/00, 2006/07, 2011/12 Copa do Rei de rugby: 12 títulos. 1ª posición: 1930/31, 1932/33, 1942/43, 1947/48, 1957/58, 1958/59, 1959/60, 1960/61, 1961/62, 1988/89, 1999/00, 2016/17 2ª posición: 1948/49, 1955/56, 1962/63, 1963/64, 1966/67, 1989/90, 2003/04, 2006/07 Copa Ibérica de rugby: 4 títulos. 1ª posición: 1987/88, 1989/90, 2005/06, 2006/07 2ª posición: 1984/85, 1996/97, 1997/98, 2022/23 Supercopa de España de rugby: 1 título. 1ª posición: 2022/23 2ª posición: 2005/06, 2006/07, 2007/08, 2017/18

Categorías inferiores Campionato de España Júnior (sub'23): 2 títulos. 1ª posición: 1996/97, 2006/07 2ª posición: 1997/98 Campionato de España Xuvenil (sub'20): 8 títulos. 1ª posición: 1969/70, 1993/94, 1995/96, 1997/98, 1999/00, 2004/05, 2006/07, 2009/10 2ª posición: 1970/71, 2000/01, 2003/04, 2004/05 Campionato de España Cadete (sub'18): 12 títulos. 1ª posición: 1975/76, 1976/77, 1986/87, 1992/93, 1993/94, 1997/98, 1998/99, 2003/04, 2004/05, 2005/06, 2009/10, 2010/11 2ª posición: 1990/91, 1991/92, 2001/02, 2006/07, 2011/12 Campionato de España Infantil (sub'16): 7 títulos. 1ª posición: 1991/92, 1993/94, 1996/97, 2001/02, 2003/04, 2006/07, 2008/09 2ª posición: 2007/08 Campionato de España Alevín (sub'14): 4 títulos. 1ª posición: 1990/91, 2001/02, 2004/05, 2005/06 2ª posición: 1991/92, 1996/97, 2000/01

Xogadores A seguinte táboa amosa os xogadores que formaron parte do primeiro equipo da UES na tempada 2011-12.Roster: U.E.Santboiana SEAT Unió Esportiva Santboiana Xogadores do primeiro equipo Corpo técnico Víctor Acebedo — 1ªL Josep Balsalobre — 1ªL Amirani Chichua — 1ªL Damian Mantelli — 1ªL Omar Miniño — 1ªL Mario Sagario — 1ªL Alfons Duran — Tal 'Guaje' González — 2ªL Craig Lyons — 2ªL Pol Massoni — 2ªL (C) Josep Colet — 3ªL Sergi Guerrero — 3ªL James Oliver — 3ªL Alex Palomo — 3ªL Juan Severino — 3ªL Jorge Stavrou — 3ªL Marc Puigbert — Med Luciano Venerio — Med Rafael Staat — Ape Isaac Thompson — Ape Alex Carrasco — Á Mauro Palau — Á Gonzalo Sarrasqueta — Á Axel Serrano — Á Burger Geldenhuys — Cen Ryan Le Roux — Cen Víctor Marlet — Cen Gerard Mayol — Cen Isaac Richmond — Cen Jordi Trubat — Cen Oriol García — Zag Pablo Llorens — Zag Adestrador Lewis Williams

Lenda: 1ªL - Primeira liñaTal - Talonador2ªL - Segunda liña3ªL - Terceira liñaMed - Medio de meléApe - AperturaÁ - ÁCen - CentroZag - Zagueiro

Data: 3 de xullo de 2012Fontes: Xogadores da UE Santboiana