A escola das areas é unha curtametraxe de animación dirixida por Tomás Conde Rodríguez, rodada en 2002 en formato Betacam.
Trama
Martín Sarmiento achégase a Pontevedra para coñecer ao doutor Morte, na procura da vacina contra a varíola. Na praza da Leña, a carón do consultorio do doutor, recibe aulas o fillo do médico, canda a outros nenos. O profesor é diglósico, e intenta falar e facer falar aos nenos lingua castelá, malia utilizar moitos galeguismos. O Padre Sarmiento, que tampouco gosta do uso da violencia, defende o uso do galego para aprender, e chega a un trato co doutor: se en tres días lle aprende a ler ao fillo, o doutor diralle o segredo da vacina.
Co seu propio método pedagóxico, o Padre Sarmiento vai facendo que Alfonso se interese pola lectura, léndolle as aventuras de Ulises e as sereas. Finalmente logra que Alfonso lea unha frase en latín (nemo repente fit sapiens, "ninguén se fai sabio de repente"), dándolle nos fociños ao profesor, que prometera facerse frade se o rapaz aprendía a ler en tres días.
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2002Mellor curtametraxe de animaciónLúa Films Gañador
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha na páxina da AVG
Vídeo na páxina da AVG
Escola das areas, A Escola das areas, A