Bestla ou Saturno XXXIX (a súa designación provisional era S/2004 S 18) é unha lúa irregular de movemento retrógrado de Saturno. O seu descubrimento foi anunciado por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 4 de maio de 2005 a partir de observacións feitas entre o 13 de decembro do 2004 e o 5 de marzo do 2005.

Bestla ten uns 7 km de diámetro, e orbita Saturno a unha distancia media duns 20,192 millóns de km en 1088 días, cunha inclinación orbital de 147° respecto da eclíptica (151° respecto do ecuador de Saturno), posúe un movemento retrogrado e unha excentricidade orbital de 0,5176. Algunhas observacións feitas no 2005, suxiren que Bestla podería ter unha grande excentricidade, dun valor de 0,77. Coma moitas outras lúas irregulares de xigantes gasosos, a excentricidade de Bestla podería variar coma resultado do efecto de Kozai.

Recibiu o seu nome oficial en abril do 2007, unha xigante de xeo da mitoloxía nórdica, nai de Odín.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Grupo Nórdico Saturno

Ligazóns externas Saturn's Known Satellites (por Scott S. Sheppard) Jewitt's New Satellites of Saturn page IAUC 8523: New Satellites of Saturn 4 de maio do 2005 (descubrimento) IAUC 8826: Satellites of Jupiter and Saturn 5 de abril do 2007 (bautizando a lúa)

Categoría:Lúas de Saturno