Os cólidos ou colíidos (Coliidae) son unha familia de aves, a única da orde Coliiformes. Son un grupo pequeno próximo aos paseriformes que non teñen afinidades claras doutros grupos. Este grupo habita só na África subsahariana, e é a única orde de aves confinada completamente a ese continente, aínda que puido ter unha distribución maior no pasado; hai un fósil do Eoceno en Inglaterra. Inclúe só seis especies actuais.Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology

Características Son aves agrisadas ou marrón claras cunha suave plumaxe, o corpo delgado e a cola delgada e moi longa. Son arborícolas e móvense entre as follas coma os roedores en busca de bagas, froita e agromos. Este hábito, e as súas patas, dá lugar ao nome inglés do grupo "paxaros rato".

Son acrobáticos, e pode alimentarse ao revés. Todas as especies teñen poutas fortes e os dedos exteriores dos pés reversibles. Tamén teñen cristas e os peteiros cerdosos.

Historia natural Son gregarios, viven en lugares lixeiramente arborados. Estes paxaros constrúen os niños de poliñas en matogueiras. Poñen tipicamente de dous a catro ovos, nacendo axiña un pito moi precoz, que axiña deixa o niño e adquire capacidade de voar.

Sistemática Hai dúas subfamilias, cada unha cun só xénero. Existen fósiles pertencentes á familia: Primocolius sigei, Primocolius minor, Limnatornis paludicola, Limnatornis archiaci e Colius palustris.

Familia Coliidae Xénero Primocolius (fósil) Xénero Oligocolius (fósil) Xénero Masillacolius (fósil) Subfamilia Coliinae Xénero Colius Colius striatus Colius leucocephalus Colius castanotus Colius colius Colius hendeyi (fósil) Subfamilia Urocoliinae Xénero Urocolius Urocolius macrourus Urocolius indicus

Notas

Ligazóns externas

Mousebird vídeos on the Internet Bird Collection