Aleksandar "Saša" Vujačić (en cirílico: Александар »Саша« Вујачић), nado o 8 de marzo de 1984 en Maribor, é un antigo xogador de baloncesto profesional esloveno. Cunha altura de 2,01 metros, xogaba na posición de escolta. O seu pai é adestrador de baloncesto de Serbia Vaso Vujačić.

Traxectoria Europa A súa carreira profesional comezou moi pronto, cando só tiña 16 anos, idade coa que fichou polo Snaidero Udine, da Lega italiana. Alí xogou até 2004.

En xullo de 2011, asinou un contrato dun ano con opción a un máis co Anadolu Efes S.K. de Turquía.

NBA Foi elixido no Draft da NBA de 2004 no posto 27 por Los Angeles Lakers, onde na actualidade completa a súa cuarta tempada. Ao longo destes anos, xogando dende o banco, tivo unha media de 9,9 puntos e 1,3 asistencias en apenas 15 minutos por partido que xoga. Na actualidade pasou a xogar de escolta onde pode explotar o seu gran lanzamento de longa distancia. O 25 de xullo de 2008 renovou o seu contrato cos Lakers por 15 millóns de dólares en tres anos. Despois de asinar ese contrato por tres anos cos Lakers, a súa achega e os seus números descenderon.

O 15 de decembro de 2010, Vujačić foi traspasado aos New Jersey Nets nun traspaso entre tres equipos, os Nets, os Lakers e os Houston Rockets. Nos Nets, Vujačić encontrouse co seu antigo compañeiro nos Lakers, Jordan Farmar. Ao levar Ben Uzoh o dorsal 18, Vujačić cambiou o seu número polo 20.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web Oficial Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Maribor Categoría:Xogadores de baloncesto de Eslovenia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores do Reyer Venezia‎ Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores do Auxilium Pallacanestro Torino‎ Categoría:Xogadores do Scaligera Basket Verona‎