Robert Allen 'Bob' McAdoo, nado o 25 de setembro de 1951 en Greensboro, Carolina do Norte, é un antigo xogador profesional de baloncesto estadounidense da NBA e adestrador asistente de Miami Heat.
Carreira Seleccionado en primeira rolda no Draft da NBA de 1972 por Buffalo Braves (agora Los Angeles Clippers) tras dúas tempadas en Vincennes Junior College e unha na Universidade de North Carolina, McAdoo pronto se converteu nun dos mellores xogadores da liga. Na súa primeira campaña gañou o Rookie do Ano e en tres tempadas consecutivas sería o máximo anotador da NBA. Na tempada 1973-74, McAdoo converteuse no último xogador da historia da liga en ter unha media, nunha soa tempada, de 30 ou máis puntos por partido e 15 rebotes. No seu segundo ano, foi nomeado por primeira vez (de cinco) no mellor quinteto da tempada e en 1975 foi galardoado co premio ao mellor xogador da liga (MVP), con 34,5 puntos, 14,1 rebotes e 2,12 tapóns por partido, cunha porcentaxe de 51,2 en tiros de campo e un 80,5 na liña de tiros libres. Para o NBA All-Star Game de 1975 foi o xogador máis votado polos afeccionados con 98.235 votos.
Tras o seu estelar comezo, McAdoo xogou varias tempadas asediado polas lesións en New York Knicks, Boston Celtics, Detroit Pistons e New Jersey Nets. Aínda que estas campañas fosen boas estatisticamente, moitos analistas e admiradores sentiron que a carreira de McAdoo se estancaba, sobre todo porque os equipos nos que militou non competían polo título. Con todo, a final da súa carreira foi cando máis puido gozar, xogando nos Lakers do Showtime dende 1982 até 1985 xunto con Magic Johnson, Kareem Abdul-Jabbar e James Worthy, gañando dous aneis. Finalizou a súa carreira en Philadelphia 76ers na 1985-86. Despois xogaría en Italia, no Tracer Milano, sendo considerado un dos mellores xogadores americanos que xamais viu Europa. No seu primeiro ano, liderou ao Milano a gañar o campionato de Italia e de Europa (en dúas ocasións), con medias de 26,1 puntos e 10,2 rebotes por noite. Máis tarde, xogou en Forlì e Fabriano.
A pesar de todo, en 1996 a NBA non lle nomeou un dos "50 mellores xogadores da historia da liga". Actualmente traballa como asistente en Miami Heat.
Véxase tamén Ligazóns externas McAdoo en nba.com McAdoo, como adestrador asistente, en nba.com Estatísticas de McAdoo
Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Buffalo Braves Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Buffalo Braves Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA Categoría:MVP da Tempada da NBA Categoría:Rookie do Ano da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Nados en Greensboro, Carolina do Norte Categoría:Adestradores asistentes dos Miami Heat