O dedo maimiño, tamén chamado o dedo pequeniño ou ulnar, é normalmente o dedo máis pequeno da man humana, oposto ao polgar e situado ao lado do dedo anular.

Músculos Hai catro músculos que controlan o dedo maimiño, tres dos cales conforman un grupo chamado eminencia hipotenar:

Eminencia hipotenar Músculo opoñente do maimiño Músculo abdutor do maimiño (adución do terceiro músculos interóseos palmares da man) Músculo flexor curto do maimiño (o "longo" está ausente na maioría dos humanos) Músculo extensor do dedo maimiño

Significación cultural En certas culturas vincúlanse os dedos maimiños de dúas persoas que realizan unha promesa. Tradicionalmente, considerábase a promesa como vinculante, e a idea orixinal era que a persoa que rompía a promesa debía cortar o dedo maimiño.

Dunha maneira similar, entre os membros da yakuza xaponesa (gánsteres), o castigo por certas ofensas é cortar parte das falanxes do dedo maimiño (ritual coñecido como yubitsume).

No Xapón, ter levantado o dedo maimiño ao falar sobre dúas persoas significa que elas están vinculadas sentimentalmente. Este xesto considérase anticuado e vulgar, mais en certas escenas anime úsase intencionalmente.

Na China, considérase vulgar levantar e ensinarlle o dedo maimiño a outra persoa da mesma maneira que na cultura occidental se xulga como vulgar ou agresivo mostrar o dedo medio. Adicionalmente, en Norteamérica, levar un anel no dedo maimiño posúe un significado simbólico. O dedo maimiño é o dedo das relacións, e por tanto levar un anel nel sinala que esa persoa é aberta e cariñosa.

Na India, levantar o dedo maimiño é un sinal de "katti" ou amizade rota, un signo de que alguén está anoxado, ou unha suxestión en ton de broma de que unha persoa que lle amosa o maimiño a outra non desexa falar con esta segunda persoa.

Galería de imaxes

Véxase tamén Outros artigos Quinto metacarpiano Iubitsume

Categoría:Anatomía rexional