A acne é unha dermatose producida pola retención da secreción das glándulas sebáceas, o que causa inflamacións e infeccións no rostro, lombo, peito e ombreiros, máis frecuente na adolescencia, a forma máis común é a acne vulgaris.

A acne vulgar ou acne polimorfo xuvenil, vulgarmente coñecida como espiñas, é a enfermidade cutánea máis frecuenteWilliam James Cunliffe, Acne. Taylor & Francis, 1989, páxina 1 pois afecta ó 80% dos individuos entre os 13 e 19 anos e pode persistir durante a terceira e cuarta década.

Medicamente é unha enfermidade do folículo pilosebáceo, a súa patoxénese implica: aumento da secreción sebácea, dependente dos andróxenos; isto favorece a proliferación da microflora folicular e trastornos da queratinización folicular. Habitualmente está constituído por diversos elementos como son as propias espiñas, pápulas inflamatorias foliculares que poden estar infectadas (formando pústulas e incluso quistes epidérmicos) e deixar cicatrices de pequeno tamaño que quedarán como lesións permanentes cando a doenza desapareza. As localizacións preferentes das lesións son: Cara. Caluga. Lombos. Costas. Peito.

A inflamación e infección pode levar á formación de abscesos dermo-epidérmicos constituíndo unha forma grave da enfermidade, o acne abscesiforme. Así e todo o habitual é que esta enfermidade curse por gromos sucesivos durante meses ou anos, que no verán mellore de forma espontánea e que desapareza entre os 25 e mailos 30 anos de idade.

É máis frecuente no sexo masculino, mais son as mulleres as que máis consultan sobre o problema.

Existen outros tipos de acne: Acne Rosácea: en mulleres preferentemente despois dos 40 anos. Sobre o nariz e as rexión malares e pode chegar a afectar os ollos (conxuntivite e queratite rosácea). Rinofima: en homes adultos, repetición do cadro de foliculite con seborrea abundante que leva a un aumento do volume do nariz. Outras acnes menos frecuentes: Acne necrótica: en adultos de ambos sexos, localizado no bordo de implantación do pelo. Acne nodular: deixan moitas cicatrices. Acne queloidiana: Foliculite crónica na caluga, deixando unha cicatriz antiestética. Acnes profesionais: En traballadores expostos ó cloro, alcatrán e aceites. Afecta ás áreas en contacto coas substancias. Acnes iatorxénicas: Producidos por medicamentos como anticonceptivos, barbitúricos etc.

Notas

Categoría:Doenzas