Rufo Festo Avieno (en latín: Postumius Rufius Festus Avienus) foi un escritor, poeta, astrónomo e xeógrafo latino da segunda metade do século IV.

Traxectoria Naceu en Volsinii (Bolsena), Etruria, procedía da familia dos Rufii Festi, fillo de Musonio (identificado como descendente de Musonio Rufo, filósofo estoico do século I), e foi procónsul dúas veces da África Proconsular en 366 e 367 e probablemente tamén de Acaia. Segundo inscricións conservadas nos Museos Vaticanos casou cunha muller chamada Plácida e tivo varios fillos, un dos cales chamábase Plácido. Algúns historiadores quixeron atribuírlle a paternidade do historiador Rufo Festo, pero é discutida.

En relación á Península Ibérica recolle as fontes máis antigas que se conservan, e que datarían do século VI a.C. Avieno describiu os oestrimnios e saefes, pobos da Gallaecia.

Obras

Adaptación do poema astronómico Phaenomena do grego Arato de Solos.

Descriptio Orbis Terrae, en 1.394 versos hexámetros, cun resumo dos puntos máis relevantes da xeografía física e política do mundo coñecido, tradución en verso da Periégesis de Dionisio. Avieno, ademais, incorporou datos xeográficos de Estrabón. Ora maritima, do que se conserva un fragmento do primeiro capítulo de 703 trímetros iámbicos que describe as costas dende a Bretaña ata Marsella. Aratea Phaenomena e Aratea Prognostica, tradución en versos hexámetros distribuídos en 1.325 e 552 liñas, que é a mesma relación das obras de Arato de Solos, con descricións, lendas, supersticións e feitos. Tres pezas curtas dirixidas a un amigo chamado Flavianus Myrmecius.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

A Descriptio Orbis Terrae e a Ora Maritima na TheLatinLibrary

Avieno,Rufo Festo Categoría:Nados no século IV Categoría:Finados no século IV