O Fenerbahçe Erkek Basketbol Takımı, ou simplemente Fenerbahçe, é un club profesional de baloncesto turco con sede na cidade de Istanbul. Actualmente xoga na Türkiye Basketbol Ligi, a máxima categoría do baloncesto turco, e na Euroliga. Fundado en 1913, é a sección de baloncesto masculina do club polideportivo Fenerbahçe. Actualmente o equipo xoga os seus partidos como local no Ülker Sports Arena, pavillón con capacidade para 13.800 espectadores. Entre 2006 e 2015, tras a súa fusión co Ülkerspor, o equipo foi coñecido popularmente e por motivos de patrocinio como Fenerbahçe Ülker.
Historia A sección de baloncesto masculino do Fenerbahçe foi fundada en 1913, acadando desde aquela un notábel éxito no baloncesto turco. O equipo gañou os seus primeiros títulos en 1957, 1959 1965, xusto antes de que fosa fundada a Liga de Baloncesto de Turquía. Grazas aos títulos domésticos o club participou na Euroliga de 1960 e de 1966. Porén, tras a exitosa etapa, os seareiros terían que agardar até 1991 para ver ao seu equipo gañar un novo título. En 1991 o equipo, liderado por Levent Topsakal, Larry Richard e o adestrador Çetin Yılmaz consegue vencer na final ao Tofaş, converténdose en campión de Liga, a súa primeira vez desde a fundación da competición. Grazas ao título, o Fenerbahçe participaría na seguinte edición da Euroliga, aínda que acabaría perdendo na primeira rolda.
O equipo volvería xogar a final da liga en 1992, 1993 e 1995, aínda que sen éxito en ningunha das tres ocasións. Na temporada 1997−98 o terceiro lugar acadado permítelle volvet á Euroliga, conseguindo esta vez chegar aos oitvados de final con xogadores como Mahmoud Abdul-Rauf, Marko Milič, Žan Tabak, İbrahim Kutluay e Conrad McRae. Con todo, o equipo acaba perdendo fronte o Real Madrid. O equipo tamén particpou noutras competicións europeas, chegando aos cuartos de final da Copa Korać en 1996 e 2001, e acabando en cuarto lugar na FIBA Europe League de 2005.
No verán de 2006 o club fusiónase co Ülkerspor para formar o Fenerbahçe Ülker. Despois da fusión, o Fenerbahce convertéuse no dominador da Liga, gañando o campionato en dúas coasións consecutivas. Na terceira temporada despois da fusión, porén, non conseguen o título tras perder nunha disputada eliminatoria final ante o Efes Pilsen. Iso non impide que na temporada 2009−10 o equipo repita título de campión, desquitándose ante o Efes Pilsen. O seguinte ano o Fenerbahçe afrontaría a competición cun equipo con xogadores como Šarūnas Jasikevičius, Marko Tomas, Darjuš Lavrinovič, Bojan Bogdanović ou Thabo Sefolosha. Baixo o mando do adestrador Neven Spahija o equipo consegue repetir título. Porén, as dúas seguintes temporadas serían decepcionantes para o club de Istanbul. Para solucionalo chegaría ao banco Željko Obradović, que viría acompañado de xogadores como Linas Kleiza ou Nemanja Bjelica. Así, o Fenerbahçe gañaría o seu sexto título de Liga tras vecen na final ao Galatasaray. En 2015 o club remata o seu patrocinio con Ülker.
Xogadores Cadro actual
Palmarés miniatura|300px|Partido inaugural do Ülker Sports Arena ante o Olimpia Milano. Campeticións europeas Euroliga: Campións (1): 2017 Subcampións (2): 2016, 2018
Competicións dométiscas Liga de Turquía Campións (10): 1991, 2007, 2008, 2010, 2011, 2014, 2016, 2017, 2018, 2022 Subcampións (10): 1968, 1970, 1971, 1983, 1985, 1993, 1995, 2009, 2019, 2021 Campionato Turco (1946–1967) Campións (3): 1957, 1959, 1965 Subcampións (6): 1954, 1956, 1958, 1963, 1964, 1967 Copa de Turquía Campións (7): 1967, 2010, 2011, 2013, 2016, 2019, 2020 Subcampións (5): 1994, 1997, 1999, 2015, 2022 Supercopa: Campións (7): 1990, 1991, 1994, 2007, 2013, 2016, 2017 Subcampións (9): 1985, 1988, 2008, 2009, 2010, 2011, 2014, 2018, 2019
Partidos fronte equipos da NBA
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ülkerspor Fenerbahçe
Ligazóns externas Sitio web oficial (en turco)
Categoría:Equipos de baloncesto de Turquía