Desvío ordinario á estación de Titisee (Alemaña)|250px|miniaturaUn aparato de vía é un dispositivo que permite a ramificación e o cruzamento de diferentes vías de ferrocarril. Os aparatos de vía están formados por dous elementos básicos, desvíos e travesías, e fabrícanse con pezas unidas con anacos de raíl denominados carrís intermedios ou carrís de unión.Luque Rodríguez, Pablo; et al. (2003). Aparatos de vía, en Ingeniería e infraestructura de los transportes''. Universidade de Oviedo. Páxs. 84 e ss. ISBN 84-8317-365-4.

Tamén se entende en ocasións por aparato de vía ao dispositivo para o intercambio de datos entre a vía e o tren, por exemplo as balizas.León, Mario (2005). Aparato de vía, en Diccionario de tecnología ferroviaria. Ediciones Díaz de Santos. Páx. 39. ISBN 84-7978-696-5.

Tipos Existen dous tipos básicos de aparellos de vía: Os desvíos ou cambios de agullas, que permiten a unha vía dividirse en dúas ou excepcionalmente en tres vías, sendo os eixos das vías tanxentes entre si. Unha das vías, a vía directa, segue unha liña recta; mentres que o resto das vías, que se denominan vías desviadas, cambian de dirección no desvío. As travesías permiten a intersección de dúas vías sen posibilidade de cambiar dunha a outra.

Notas

Véxase tamén Vía férrea

Categoría:Vías férreas