Robert Bruce Merrifield nado en Fort Worth (Texas) o 15 de xullo de 1921 e finado en Cresskill (Nova Jersey) o 14 de maio de 2006, foi un bioquímico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1984.

Traxectoría Estudou química na Universidade de California dos Ánxeles. En 1949 foi nomeado investigador auxiliar da Escola Médica e Docente do Universidade Rockefeller, cargo que ostentou ata 1966, a partir daquel momento ocupou a cátedra de bioquímica nesta mesma institución.

Finou por mor dunha longa enfermidade.

Investigacións científicas Inicialmente realizou traballos na investigación das pirimidinas, especialmente na investigación dun método de cuantificación. Durante a súa estancia no Instituto Rockefeller realizou traballos sobre a síntese química dos péptidos na fase sólida de moléculas de aminoácidos e proteínas.

En 1984 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento dun método simplificado e práctico de producir péptidos e proteïnas.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1984 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1984 Robert Bruce Merrifield en Biografías y Vidas Perfil de Robert Bruce Merrifield en NNDB

Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Bioquímicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Nados en Fort Worth, Texas Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América