Asunción Balzola Elorza, nada en Bilbao o 18 de xullo de 1942 e finada en Madrid o 22 de xuño de 2006, foi unha ilustradora, escritora e tradutora vasca de formación autodidacta.
Traxectoria
Estudou pintura e grafismo na Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid, tras recuperarse parcialmente dun grave accidente automobilístico. Tamén traballou nos campos da publicidade e o deseño gráfico. O seu arquivo e biblioteca persoal foron legadas, postumamente, ao Centro de Documentación Infantil da Biblioteca Central de Donostia. O seu estilo de ilustración caracterízase, na súa variante máis coñecida, polo uso de manchas de cor (con frecuencia, acuarela) e contornos grosos.
Obras ilustradas Las noches del gato verde. Textos de Elizabeth Mulder. Anaya. 1962. Cancionero infantil universal. Bonifacio Gil. Aguilar. 1965. Premio Lazarillo. Platero y yo. Juan Ramón Jiménez. Bruguera. 1980. Zuecos y naranjas. Montserrat del Amo. La Galera. 1981. La bruja doña Paz. Antoniorrobles. Miñón. 1981. Txitoen istorioa. Bernardo Atxaga. Premio Mazá de Ouro da bienal de Bratislava. 1985. La cacería. Bernardo Atxaga. Altea. 1986. Celia en la revolución. Elena Fortún. Aguilar. 1987. Un montón de Unicornios. Ana María Machado. SM. 1990. Papá ya no vive con nosotros. Manuel Alonso. SM. 1992. Begi-niniaren poemak. Juan Kruz Igerabide. Hiperión. 1995. El primer gigante. Teresa Durán. La Galera. 1995 Katuak bakar-bakarrik sentitzen direnean. Mariasun Landa. Anaya. 1997 El niño dibuja la noche. Scott Foresman. 1999 Desde mis ruedas. Alberdania 2002.
Textos e ilustracións da autora Historia de un erizo. Miñón. 1978. Premio Nacional de ilustración. Santino el pastelero. Destino. 1986. Ala de mosca. Pirene. 1989. Munia y la luna (1). Los zapatos de Munia. Munia y la señora Piltronera (2). Munia y los hallazgos. Destino. 1980-1990. (1) Premio Apel·les Mestres 1980. (2) Premio Nacional de ilustración 1985. La cazadora de Indiana Jones. SM
Obra para adultos Txoriburu. Cabeza de chorlito, memorias dos primeiros anos da súa vida.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista coa autora no 2002
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores do País Vasco Categoría:Ilustradores de España Categoría:Escritores de literatura infantil do País Vasco Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2006