Primus é unha banda estadounidense de rock alternativo formado en 1984 en El Sobrante (California). Na actualidade está composta polo vocalista e baixista Les Claypool, o guitarrista Larry "Ler" LaLonde e o batería Jay Lane. Primus orixinalmente formárono Claypool, Todd Huth e Lane, deixando a banda os dous últimos despois do álbum de estrea, Suck on This, sendo substituídos polo batería Tim "Herb" Alexander e o guitarrista Larry LaLonde. Con esta formación o grupo lanzou catro álbums de estudio: Frizzle Fry, Sailing the Seas of Cheese, Pork Soda e Tales from the Punchbowl. En 1996, Alexander deixou Primus e foi substituído por Bryan "Brain" Mantia, co cal editarían Brown Album e Antipop antes de que a banda entrase en hiato no ano 2000. O grupo é coñecido por crear o tema principal da serie de animación South Park en 1997.
No ano 2003, Claypool e LaLonde reuníronse con Tim Alexander e editaron un DVD/EP, Animals Should Not Try to Act Like People, antes de xirar entre os anos 2003 e 2004. No 2010 anunciaron que Jay Lane, o seu batería orixinal, reunírase con eles para unha xira, e que posteriormente editarían dixitalmente o EP June 2010 Rehearsal de balde.
Primus caracterízase pola súa aproximación á música irreverente e acotío "pouco seria". Moitos dos seus álbums foron editados polo selo de Claypool, Prawn Song Records, cuxo nome é unha parodia do selo de Led Zeppelin, Swan Song.
Discografía Álbum Ano Selo Suck on This 1989 Prawn Song Records/Caroline Records Frizzle Fry 1990 Caroline Records Sailing the Seas of Cheese 1991 Interscope Records Pork Soda 1993 Interscope Tales from the Punchbowl 1995 Interscope Brown Album 1997 Interscope Antipop 1999 Interscope, Prawn Song Green Naugahyde 2011 ATO, Prawn Song Primus & the Chocolate Factory with the Fungi Ensemble 2014 ATO, Prawn Song The Desaturating Seven 2017 ATO, Prawn Song
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de funk metal Categoría:Grupos musicais de funk rock Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de Contra Costa Categoría:Grupos musicais formados en 1984 Categoría:Grupos musicais separados en 2000 Categoría:Grupos musicais reunidos en 2003