A División de Honra da Liga Nacional é a máxima categoría das competicións de béisbol entre clubs en España, que organiza cada tempada a Real Federación Española de Béisbol e Sófbol (RFEBS). Formato O formato da competición é unha liga de 10 equipos que disputan 18 xornadas (todos contra todos, ida e volta) entre finais de febreiro e finais de xullo. Cada equipo xoga 2 partidos fronte ó mesmo rival cada fin de semana, sendo o normal xogar un partido pola mañá e outro pola tarde, ou un partido pola tarde e outro ó día seguinte. Desde xeito, ó cabo da tempada cada equipo xogou 36 encontros, e o primeiro da táboa clasificatoria é directamente o campión.
Palmarés 500px|dereita|miniatura|Encontro de béisbol entre Marlins e Sant Boi, ex-campións da Liga Española. Campións da Liga Española de BéisbolAnoCAMPIÓN 2012 CB Barcelona 2011 FC Barcelona 2010 CBS Sant Boi 2009 Marlins Puerto de la Cruz CBS 2008 Marlins Puerto de la Cruz CBS 2007 Marlins Puerto de la Cruz CBS 2006 Marlins Puerto de la Cruz CBS 2005 Marlins Puerto de la Cruz CBS 2004 Rojos de la Candelaria BC 2003 CBS Sant Boi 2002 CB Viladecans 2001 CB Viladecans 2000 CB Viladecans 1999 CB Viladecans 1998 CB Viladecans 1997 CB Viladecans 1996 CB Viladecans 1995 CB Viladecans 1994 CB Viladecans 1993 CB Viladecans 1992 CB Viladecans 1991 CB Viladecans 1990 CB Viladecans 1989 CB Viladecans 1988 CB Viladecans 1987 CB Viladecans 1986 CB Viladecans Antes de 1986 se disputou dende 1944 un torneo chamado Campionato de España de Béisbol, que viña sendo o mesmo que a actual División de Honra da Liga Nacional, e que foi gañado varias tempadas por equipos como FC Barcelona, Atlético de Madrid, RCD Español e Real Madrid CF entre outros.
Equipos da tempada 2011 Equipos na División de Honra 2011EquipoCidadePáxina Web Halcones de Vigo BC Vigo www.halconesdevigo.com FC Barcelona Barcelona www.bateando.com CB Viladecans Viladecans www.beisbolviladecans.com Marlins Puerto de la Cruz CBS Puerto de la Cruz www.marlinspuertocruz.es CBS Sant Boi Sant Boi de Llobregat beisbolsantboi.com CD Pamplona Pamplona www.cdpamplona.com Astros Valencia Valencia astrosvalencia.blogspot.com San Inazio Bilbao Bilbao saninaziobeisbol.net Béisbol Navarra Pamplona www.beisbolnavarra.com Sevilla Red Sox Sevilla blog.clubeisbolsevilla.es
Véxase tamén Outros artigos Liga Xunta de Galicia de Béisbol Halcones de Vigo BC Ligazóns externas Resultados da tempada 2011 da División de Honra de béisbol Clasificación da tempada 2011 da División de Honra de béisbol Resumo da tempada 2010 Resumo da tempada 2009 Resumo da tempada 2008 Resumo da tempada 2007 Resumo da tempada 2006 Resumo da tempada 2005
Categoría:Campionatos de béisbol Categoría:Béisbol en España