Clara Zetkin, nada como Clara Eißner en Wiederau, Saxonia, o 5 de xullo de 1857 e finada en Arkhangelskoie, preto de Moscova, o 20 de xuño de 1933,González, B. F. (2012). Biografía de Clara Zetkin. Festa da palabra silenciada, (28), 6-11. foi unha profesora, xornalista e política marxista alemá. Até 1917, militou no Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), despois uniuse ó Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña (USPD) na súa á esquerda, a Liga Espartaquista, que se tornaría posteriormente Partido Comunista de Alemaña (KPD), ó que representaría no Reichstag durante a República de Weimar de 1920 a 1933.
Traxectoria Naceu como Clara Eissner en Wiederau, Saxonia. O seu pai, Gottfried Eissner, era mestre de escola e organista da igrexa, e a súa nai, Josephine Vitale Eissner, pertencía a unha familia burguesa de Leipzig.
En 1874, tras finaliza-los seus estudos para ser profesora, Zetkin entrou en contacto co movemento obreiro e feminino en Alemaña. En 1878 uniuse ó Partido Socialista dos Traballadores (Sozialistische Arbeiterpartei, SAP). O partido fundárase en 1875 da unión de dous partidos: o Allgemeiner Deutscher Arbeiterverein (ADAV) fundado por Ferdinand Lassalle e o Sozialdemokratische Arbeiterpartei Deutschlands de August Bebel e Wilhelm Liebknecht. En 1890 mudou o nome polo aínda actual Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD). miniatura|esquerda|Clara Zetkin en Zürich, en 1897. Por mor da prohibición das actividades socialistas por parte de Otto von Bismarck en 1878, Zetkin inicialmente se refuxiou en Zürich cara a 1882, e finalmente se dirixiu a París. Durante a estancia en París tivo un importante rol na formación da II Internacional. Adoptou o apelido do seu marido, o ruso Ossip Zetkin, con quen tivo dous fillos: Kostja e Maxim. Ossip morreu en 1889 e Zetkin casou 10 anos despois co artista Georg Friedrich Zundel, de 1899 a 1928.
Zetkin, canda Rosa Luxemburg, foi unha das principais figuras da á máis á esquerda do SPD, confrontando as teses revisionistas de Eduard Bernstein. Ademais foi unha importante defensora dos dereitos da muller, entre os que cómpre salientar a loita pola igualdade de oportunidades e mailo sufraxio feminino.
De 1891 a 1917 editou o xornal do SPD Die Gleichheit (Igualdade).Ruipérez, M. (1977). Clara Zetkin: Entre el feminismo y la revolución. Ela decidiu por vez primeira, en 1910A woman's place is in the revolution, socialistworker.org ., que o 8 de marzo fose o "Día Internacional da Muller".
Durante a primeira guerra mundial, Zetkin, canda a Karl Liebknecht, Rosa Luxemburg e outros destacados políticos do SPD rexeitaron a política do partido denominada Burgfrieden, que consistía no apoio ó goberno alemán deixando de lado o labor de oposición, incluíndo a non realización de folgas. Con outras activistas antibelicistas, Zetkin organizou unha conferencia internacional de mulleres socialistas contrarias á guerra en Berlín en 1915. miniatura|Alexandra Kollontai (dereita da imaxe) seguida por Clara Zetkin, no II Congreso da Internacional Comunista, en 1921. En 1916 Zetkin foi unha das cofundadoras da Liga Espartaquista e do Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña (USPD) que se escindiu do SPD en protesta pola súa posición a prol da guerra. En xaneiro de 1919, despois da Revolución alemá de novembro de 1918, a Liga Espartaquista abandonou o seo do USPD para, canda outros grupos, forma-lo Partido Comunista de Alemaña (KPD); Zetkin representou o partido de 1920 a 1933 no Reichstag. En 1920 entrevistou a Vladimir Lenin sobre a "cuestión feminina"Lênin e o Movimento Feminino, Arquivo Marxista en Internet ..
Até 1924 Zetkin foi membro da oficina central do KPD, de 1927 a 1929 foino do comité central do partido. Foi membro, tamén, do comité executivo da Internacional Comunista (a Comintern ou III Internacional) de 1921 a 1933. En 1925 foi elixida presidenta da asociación Rote Hilfe (Axuda Vermella). En 1932, como presidenta do Reichstag ó se-lo membro de máis idade, fixo un chamamento para combate-lo nazismo.
Cando Adolf Hitler tomou o poder, o Partido Comunista foi prohibido despois do incendio do Reichstag en 1933, polo que Zetkin viuse obrigada a se exiliar, desta vez á Unión Soviética, onde finou en Arkhangelskoie, preto de Moscova o 20 de xuño de 1933.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Políticos de Alemaña Categoría:Comunismo Categoría:Nados en Saxonia Categoría:Nados en 1857 Categoría:Finados en 1933 Categoría:Orde de Lenin