O 24 de abril é o 114º día do ano do calendario gregoriano e o 115º nos anos bisestos. Quedan 251 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1748 - Comezan as sesións do Congreso de Aquisgrán. 1800 - Inaugúrase a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos en Washington, D.C.. 1898 - España declara guerra a Estados Unidos. 1916 - Comeza en Dublín o Levantamento de Pascua, que remata cinco días máis tarde coa rendición sen condicións dos insurxentes. 1942 - Congreso de Ferradillo no que se constitúe a Federación de Guerrillas de León-Galicia. 1970 - China pon en órbita o seu primeiro satélite artificial. 1990 - A NASA lanza para o espazo o telescopio espacial Hubble empregando a lanzadeira espacial Discovery.

Nacementos miniatura|100px|Barbra Streisand. 1581 - Vicente de Paúl, fundador da Congregación da Misión e das Fillas da Caridade (m. 1660). 1774 - Jean Itard, médico-pedagogo francés (m. 1838). 1856 - Philippe Pétain, militar e político francés (m. 1951). 1873 - Robert Wiene, director de cine mudo alemán (m. 1938). 1896 - Charlie Rivel, pallaso catalán (m. 1983). 1903 - José Antonio Primo de Rivera, político español (m. 1936). 1926 - Florinda Chico, actriz española (m. 2011). 1930 - Richard Donner, director de cine estadounidense. 1934 - Shirley MacLaine, actriz estadounidense. 1942 - Barbra Streisand, actriz e cantante estadounidense. 1947 - Roger D. Kornberg, bioquímico estadounidense. 1952 - Francisco López Barxas, escritor, xornalista e político galego. 1953 - Eric Bogosian, actor e escritor estadounidense de orixe armenia. 1954 - Mumia Abu-Jamal, xornalista e activista político afroamericano.

Mortes miniatura|100px|Daniel Defoe. 1112 - Henrique de Borgoña, conde de Portugal. 1731 - Daniel Defoe, escritor inglés. 1906 - Urbano González Varela, pintor e escritor galego (n. 1868). 1937 - Evangelina Jaso González, republicana galega (n. 1909). 1976 - Otto José Cameselle Barcia, xuíz e poeta galego (n. 1921). 1980 - Alejo Carpentier, escritor cubano. 1985 - Manuel Chamoso Lamas, arqueólogo e escritor galego.

2005 - Maruxa Méndez, costureira e promotora da danza tradicional galega (n. 1914)

Festas e celebracións

Outros Santoral: Fidel.

Os 366 días do ano

Categoría:Abril