A bandeira de Laos foi adoptada o 2 de decembro de 1975. A bandeira fora utilizada previamente polo breve goberno nacionalista de 1945.
Deseño Está formada por tres bandas horizontais, a superior e inferior son de cor vermella vermellón, mentres que a do medio é azul. No centro atópase un disco branco cun diámetro equivalente a 4/5 da altura da franxa central.
A cor vermella representa o sangue derramado pola independencia, o azul o río Mekong ou a santidade do país. O disco branco simboliza a lúa sobre o río Mekong ou tamén a unidade do país baixo o goberno comunista.
Bandeiras históricas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Símbolos de Laos Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1975